Skip to Content

Innovación

 

Ante os continuos avances no campo da tecnoloxía e da innovación e a súa aplicación nos distintos ámbitos tanto económicos como sociales, a formación profesional en xeral, e o IES Monte Neme a través da súa oferta formativa en particular, deberán conseguir que a transmisión do coñecemento nestas dúas áreas supoña unha formación de calidade, de xeito que vexan mellorada a súa empregabilidade e as súas posibilidades de proxección e inserción profesional.

 

Un grupo de profesorado do centro educativo mediante o seu traballo e a sús colaboración ao longo destes anos, tratou de plasmar cunha serie de proxectos a inquietude e o interese pola  innovación nos distintos campos da ciencia e da tecnoloxía. Froito deste traballo e da preocupación pola transmisión e difusión do coñecemento ao alumnado, xurden os nosos proxectos premiados nas convocatoria de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional, e Innovación Educativa convoca anualmente.

 

ACTUALIDADE

  • Proxecto REDICIR

    O IES Monte Neme, xunto cos centros e entidades colaboradoras CPR Agarimo, CEE María Mariño, Asociación Íntegro, PROCEGAL, Black Wolf soluciones integrales by JG SL, Innogando e The Tree Fern, desenvolveu o proxecto “REDICIR, rede de dixitalización na economía circular”.

     REDICIR pretende afondar en temáticas como a dixitalización, a cooperación e as estratexias de análise ambientalmente sustentábeis. Este proxecto foi premiado nos "Premios a proxectos de in

    novación na FP", mediante a Resolución do 12 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional.                          



panel | by Dr. Radut