Que se aprende a facer?
Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal. Atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas públicas e privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
Onde se realiza o traballo?
En calquera tipo de empresa, independentemente do seu tamaño e do sector de actividade, nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.
En que postos de traballo?
Auxiliar administrativo/a, axudante de oficina, auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos, administrativo/a comercial, auxiliar administrativo/a de xestión de persoal, auxiliar administrativo/a das administracións públicas, recepcionista, empregado/a de atención á clientela, empregado/a de tesouraría e empregado/a de medios de pagamento.
Cales son os módulos deste ciclo? (Pendente de modificación)
Módulos profesionais | Horas |
Formación e orientación laboral (1º) |
107 |
Inglés (1º) |
160 |
Operacións administrativas de compravenda (1º) |
133 |
Operacións auxiliares de xestión de tesouraría (1º) |
160 |
Técnica contable (1º) |
133 |
Tratamento informático da información (1º) |
267 |
Comunicación empresarial e atención á clientela (2º) |
123 |
Empresa e administración (2º) | 123 |
Empresa na aula (2º) | 156 |
Formación en centros de traballo (2º) | 410 |
Operacións administrativas de recursos humanos (2º) | 123 |
Tratamento da documentación contable (2º) | 105 |
Que título se obtén?
Técnico en Xestión Administrativa.