PAP Comenius Multilateral "ECO GAIA"
Avaliación final do proxecto
Enviado por Anónimo o Xov, 22/11/2012 - 06:22A Agencia Nacional OAPEE realizou a avaliación final do proxecto Comenius ECOGAIA cun resultado positivo.
Festa final do proxecto Comenius ECOGAIA en Italia 2012
Enviado por Anónimo o Mar, 22/05/2012 - 08:42Alumnos de 2º ESO e 1º BAC viaxaron a Italia para participar na festa final do proxecto Comenius ECOGAIA no que participa o centro nos últimos dous anos con centros de Francia, Italia e Rumanía.
Exposición sobre cambio climático
Enviado por Anónimo o Mar, 20/03/2012 - 08:53Na entrada do instituto está durante o mes de marzo a exposición do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) sobre cambio climático.
Con esta exposición preténdese concienciar á poboación e poñer en pé iniciativas para aprender e actuar a favor do clima, mostrando o impacto na natureza do efecto invernadoiro. Móstranse os sinais do cambio no noso planeta e as solucións que podemos adoptar, así como a existencia de redes sociais que facilitan o intercambio de ideas e experiencias para unha posta en común.
|
|
Viaxe a Italia- Festa final de proxecto ECOGAIA
Enviado por Anónimo o Mér, 14/03/2012 - 08:59Realizarase unha viaxe a Italia con motivo da Festa Fin de proxecto ECOGAIA dende o 10 de maio ata o 19 de maio.
A festa será os días 12 e 13 de maio en Larciano na que participarán alumnos de 2º ESO e 1º BAC.
DÍA |
ITINERARIO |
10 MAIO |
VIAXE DE BURELA A TARBES (Francia) |
11 MAIO | VIAXE DE TARBES A GÉNOVA (Italia) |
12 MAIO |
GÉNOVA-PISA-LARCIANO Encontro co alcalde de Larciano/ Visita pobos medievais nos arredores/ Cea na escola preparada polos pais e alumnos italianos |
13 MAIO |
FESTA FINAL DE PROXECTO COMENIUS ECOGAIA-LARCIANO Chegada a Castelmartini en Larciano/ Visita guiada a Reserva Natural das Marismas/ Taller de construcción de obxectos con materiaisde reciclaxe/ Exposición das obras realizadas por cada país no proxecto ECOGAIA/ Comida en Castelmartini/ Xogos tradicionais de cada país/ Realizar e facer volar cometas/ Espectáculo coa temática de respeto ó medioambiente/ Cea |
14 MAIO |
LARCIANO-VOLTERRA Salir de Larciano hacia Volterra e Larderello/ Xantar en Volterra/ Reunión final do proxecto Comenius ECOGAIA/ Cea en Volterra |
15 MAIO | LARCIANO-SIENA-LARCIANO |
16 MAIO | LARCIANO-FLORENCIA-LARCIANO |
17 MAIO | LARCIANO-BOLONIA-SAVONA |
18 MAIO | SAVONA-TOULOUSE |
19 MAIO | TOULOUSE-BURELA |
Elaborando xabóns con Voz Natura
Enviado por Anónimo o Mér, 14/03/2012 - 08:43O IES Monte Castelo de Burela, dentro do programa de Voz Natura donde elaboraron xabóns con aceite reciclado e con forma de follas de árbores, ó ser éste eo Ano dos Bosques. Encarganse de esta actividade as profesoras Isabel Mojardín e Ana Fernández, tamén María Xesús Fuentes con alumnos de 3º de ESO. Colaboran tamén alumnos e profesores de Artes, que preparan os moldes para os xabóns. Ademáis diseñan marcapáxinas con papel reciclado. Voz Natura promociona a educación medioambiental a través da Fundación Fernández-Latorre, de La Voz de Galicia.
ELABORACIÓN DE XABÓN DE AVEA
Materiais:
-Recipiente de plástico
-Vaso de precipitados ou calquera recipiente para medir o aceite e a auga
-Balanza
-Culler de madeira
-Moldes
Ingredientes:
-47gr de sosa
-80gr de avea
-280ml de auga
-280ml de aceite de oliva(pode ser aceite reciclado)
-un pouco de xel de aloe vera
-dúas ou tres gotiñas de esencia
Procedemento:
Disolver a sosa en auga, engadindo a sosa aos poucos e tendo moito coidado cos vapores que desprenderá. Esta reacción liberará moita enerxía (reacción exotérmica), por iso o recipiente comenzará a quentarse.
A continuación engadimos a avea e logo o aceite, o xel e a esencia sen parar de remexer, sempre na mesma dirección, ata que teñamos unha pasta da textura da maionesa.
Podemos darlle diferentes cores:
A continuación botamos a mezcla nos moldes:
E esperamos dous ou tres días para que se solidifique.
Unha vez desmoldado, o xabón deberá continuar secándose e non poderá ser utilizado ata polo menos un mes máis tarde da súa elaboración.
A ecopesca, unha alternativa de futuro
Enviado por Anónimo o Mar, 07/02/2012 - 08:14Basilio Otero, patrón maior da Confraría de Burela e presidente do Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal impartiu unha conferencia titulada "A ecopesca, unha alternativa de futuro" a alumnos de 2º de ESO coa idea de concienciar sobre a pesca sostible.
A industria do ferro
Enviado por Anónimo o Mér, 23/11/2011 - 09:38Un ferreiro amosa ós alumnos como é o seu oficio, como unha posta en valor do noso patrimonio cultural.
EXPOSICIÓN: O PATRIMONIO DE GALICIA
Enviado por Anónimo o Mar, 22/11/2011 - 09:27Estivo exposta unha mostra sobre o Patrimonio Marítimo de Galicia pertencente ó CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).
Premio CONAMA á Sostenibilidade
Enviado por Anónimo o Xov, 17/11/2011 - 06:18O IES Monte Castelo colabora co Concello de Burela para acadar o premio CONAMA (Congreso Nacional Medio Ambiente) á sostenibilidade de pequenos e medianos municipios.
As técnicas de GAIA acudiron o centro para conseguir votos para o barco museo Reina do Carme.
Aula Medioambiental-Barco Museo Reina del Carmen
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »