PAP Comenius Multilateral "ECO GAIA"

AS MÉDULAS

O martes 18 de outubro os alumnos de 4º ESO e algúns de 2º BAC visitaron en León "As Médulas", restos de unha antigua explotación mineira de ouro da época romana.

 

Ademáis visitaron unha bodega na que puideron facer unha cata de viños.

 

Esta actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia en colaboración co departamento de Latín.

MUSEO VIRTUAL DE BURELA

No Museo Virtual de Burela, na zona de natureza, aparece o estudio realizado no río da Vila polo alumnado do noso centro da man de Manuel Parga, profesor do Departamento de Xeografía e Historia.

Este traballo está enmarcado no proxecto europeo ECOGAIA centrado no estudio xeográfico, ambiental e de respeto ó medio natural.

Ver enlace aquí

"O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción"

A exposición "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción" do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) estivo exposta no noso centro do 11 de maio ao 26 maio. Son 18 paneis sobre o "Cambio Climático: o reto do século XXI".

 

Visita á fábrica de Alcoa

Mércores 13 de abril oa alumnos de 1º de Saúde Ambiental e de 2º de Bacharelato visitan a fábrica de Alcoa e plantan unha árbore.

Visita a zona xeolóxica do Castrelo-Perdouro

O 16 de maio visitaron a zona xeolóxica os alumnos de 4º ESO.

 

O luns 11 de abril os alumnos de 1º Bacharelato visitan a zona xeolóxica do Castrelo-Perdouro en Burela.

Programa Voz Natura

O mércores 6 de abril os alumnos de 3º e 4º de ESO participaron unha xornada de limpeza e surf na praia de Esteiro.

LIMPANDO A PRAIA CO PROGRAMA VOZ NATURA

 
 

SURF EN PRAIA DE ESTEIRO

 

A arte da cetrería

O luns 28 de marzo Alejandro Quelle Soto impartiu unha charla sobre "A arte da cetrería" dirixida a alumnos de 1º e 2º ESO. Mostrou ós alumnos distintas especies de aves de presa: búhos, águilas de harris e un cernícalo. A continuación realizou unha exhibición na que voaron dúas águilas de harris contando coa participación voluntaria de numerosos alumnos.

 

Distribuir contido