Elaborando xabóns con Voz Natura
O IES Monte Castelo de Burela, dentro do programa de Voz Natura donde elaboraron xabóns con aceite reciclado e con forma de follas de árbores, ó ser éste eo Ano dos Bosques. Encarganse de esta actividade as profesoras Isabel Mojardín e Ana Fernández, tamén María Xesús Fuentes con alumnos de 3º de ESO. Colaboran tamén alumnos e profesores de Artes, que preparan os moldes para os xabóns. Ademáis diseñan marcapáxinas con papel reciclado. Voz Natura promociona a educación medioambiental a través da Fundación Fernández-Latorre, de La Voz de Galicia.
ELABORACIÓN DE XABÓN DE AVEA
Materiais:
-Recipiente de plástico
-Vaso de precipitados ou calquera recipiente para medir o aceite e a auga
-Balanza
-Culler de madeira
-Moldes
Ingredientes:
-47gr de sosa
-80gr de avea
-280ml de auga
-280ml de aceite de oliva(pode ser aceite reciclado)
-un pouco de xel de aloe vera
-dúas ou tres gotiñas de esencia
Procedemento:
Disolver a sosa en auga, engadindo a sosa aos poucos e tendo moito coidado cos vapores que desprenderá. Esta reacción liberará moita enerxía (reacción exotérmica), por iso o recipiente comenzará a quentarse.
A continuación engadimos a avea e logo o aceite, o xel e a esencia sen parar de remexer, sempre na mesma dirección, ata que teñamos unha pasta da textura da maionesa.
Podemos darlle diferentes cores:
A continuación botamos a mezcla nos moldes:
E esperamos dous ou tres días para que se solidifique.
Unha vez desmoldado, o xabón deberá continuar secándose e non poderá ser utilizado ata polo menos un mes máis tarde da súa elaboración.