|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 02/06/2016 - 16:08
|
Os alumnos/as de 1º de BACH. do IES Do Milladoiro asistiron o pasado mércores, 25 de maio, a unhas xornadas de fomento do espíritu emprendedor cooperativo na Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, no polígono da Costa Vella, acompañados polos profesores Francisco Longarela e Juan Rico, de Economía e Matemáticas, respectivamente. Tamén, unha emprendedora faloulles de primeira man da súa experiencia e traxectoria empresarial.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 31/05/2016 - 08:02
|
O alumnado de 2º da ESO estase a formar en habilidades socias para a mediación realizando un obradoiro que imparten profesionais de Igaxes3. Esta formación forma parte da liña de actuación de "Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros" do Contrato-Programa, concedido ao IES para este curso 2015-16.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 31/05/2016 - 07:53
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 19/05/2016 - 09:00
|
Para consultar máis información sobre orientación académica e profesional. [ligazón]
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 18/05/2016 - 21:18
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 13/05/2016 - 17:26
|
O luns 16 de maio terá lugar dende 3ª a 6ª hora o I Feirón das Día das Letras Galegas para o alumnado da ESO. Desenvolveranse ata catorce actividades en diferentes espazos do centro e a 6ª hora todo o alumnado da ESO e 1º BACH. reunirase no Ximnasio para asistir á actuación do grupo Trópico de Grelos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 12/05/2016 - 20:29
|
Reunións informativas de orientación académico-profesional, no salón de actos do IES, o mércores 18 de maio:
- Para os/as pais/nais do alumnado de 3º da ESO ás 18:30 horas.
- Para os/as pais/nais do alumnado de 4º da ESO ás 19:15 horas.
- Para os/as pais/nais acompañados/as do alumnado de 1º de Bacharelato ás 20:00 horas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 10/05/2016 - 20:44
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 04/05/2016 - 09:47
|
A Escola de Educación Infantil do Milladoiro e o CEP Plurilingüe de Ventín organizan un ciclo de conferencias titulado "Dende a escola: charlas para reflexionar". Trátase de catro sesións que se celebrarán no Salón de Actos do IES do Milladoiro ao longo dos meses de maio e xuño orientadas ás familias de Infantil, Primaria e Secundaria.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 03/05/2016 - 20:20
|
Este curso conmemoramos o cuarto centenario do falecemento dun dos escritores máis eloxiados da lingua inglesa: William Shakespeare.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 02/05/2016 - 19:31
|
O alumnado de 3º ESO está a participar no Obradoiro de Sexualidade impartido dentro do Programa Aleida de Igaxes3.
COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 02/05/2016 - 19:17
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 02/05/2016 - 19:07
|
Os gañadores das Xornadas Gastronómicas Francesas deste curso foron:
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 02/05/2016 - 08:20
|
O programa Xuventude Crea é unha convocatoria da Consellería de Política Social que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda e cociña. Poden solicitalo os mozos/as a partir dos 16 anos e o prazo de solicitude remata o 30 de xuño.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 27/04/2016 - 09:38
|
Convócase o programa CAMPUS DE VERANO XUVENCIENCIA para o alumnado de 4º ESO e 1º BACH (hasta 2º BACH para os veteranos) que se desenvolverá dende o 27 de xuño até o 1 de xullo de 9:30 h a 20:30 h no Campus Universitario de Lugo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 26/04/2016 - 08:12
|
O mércores 27 de abril ás 17:00 h teremos un encontro co autor Xavier López Rodríguez na nosa biblioteca. O autor de Noitebra (2000, narrativa xuvenil) e O aliado inesperado (2005, narrativa xuvenil) manterá unha charla cun grupo de alumnos/as, familias e profesorado e será unha oportunidade para achegármonos e coñecer máis de preto a súa traxectoria literaria e o oficio de escritor. Non a perdades, estades todos convidados.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 21/04/2016 - 19:57
|
Recordamos ás familias do alumnado que o luns 25 de abril ás 19:30 horas, no salón de actos do IES do Milladoiro, celebrarase a charla informativa "Bo uso das novas tecnoloxías" para as familias do alumnado, impartida por Igaxes3 (Profesionais do Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector).
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Dom, 17/04/2016 - 17:25
|
Nas horas de titoría das dúas vindeiras semanas, o alumnado de 2º ESO asistirá a un obradoiro de "Alimentación e nutrición" no que participarán a coordinadora do Centro de Saúde do Milladoiro, a nutricionista do Concello e unha psicóloga de ABAGAL (Asociación de Bulimia e Anoxeria de Galicia).
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Sáb, 16/04/2016 - 20:22
|
E así transcorreron as "Xornadas Gastronómicas Francesas 2016":
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Sáb, 16/04/2016 - 18:38
|
O mércores 13 de abril, tivo lugar na biblioteca do IES do Milladoiro a 6ª xuntanza da Rede de Bibliotecas Escolares de Ames. Nesta ocasión, ademais dos habituais responsables das bibliotecas da contorna, asistiron representantes da Asesoría de Bibliotecas Escolares, o Concelleiro de Cultura e o responsable da Biblioteca Municipal de Milladoiro. A creación dun fondo de recursos locais nas nosas bibliotecas, que permita realizar traballos colaborativos sobre a nosa contorna social, e a especialización das bibliotecas nunha temática, que facilite o préstamo interbibliotecario e a optimización dos nosos fondos bibliográficos, foron algunhas das propostas que centraron esta xuntanza.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 14/04/2016 - 20:53
|
Os gañadores do Festival de Entroido puideron desfrutar finalmente do seu gorentoso premio. Velaquí o alumnado de 4º ESO B (1º premio) e o de 1º ESO C (2º premio):
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 14/04/2016 - 20:28
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 14/04/2016 - 19:14
|
"Mobilízate pola Selva" é unha campaña do Instituto Jane Goodall que pretende sacar á luz o perigoso comercio do Coltán, un mineral imprescindible nos dispositivos electrónicos que se extrae en dubidosas condicións éticas e medioambientais na República Democrática do Congo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 12/04/2016 - 16:05
|
Valores de futuro é un programa de educación financeira do BBVA, dirixido ao alumnado de 1º a 3 da ESO(http://www.valoresdefuturo.com/es/secundaria). O seu obxectivo é fomentar a reflexión, o debate e do diálogo na aula sobre os valores asociados ao bo uso do diñeiro.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 11/04/2016 - 22:23
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 11/04/2016 - 20:18
|
Un grupo de 13 alumnos de 2º e 3º ESO do noso centro formou parte este curso do proxecto “Escolas sen Racismo” promovido pola Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) mediante un Obradoiro de TV, no que durante seis semanas se traballou a educación en valores centrada, neste caso, e por propia iniciativa dos alumnos, na temática medioambiental. Achegamos algunhas das producións audiovisuais, "Ecoconsellos" e "Puntolimpo", realizadas polos nosos alumnos durante o obradorio e un enlace ao blog de “Escolas sen racismo”.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 08/04/2016 - 20:38
|
O venres 15 de abril desenvolveranse na Biblioteca e no corredor as Xornadas Gastronómicas Francesas. Dende as 12:25 e até as 12:55 poderemos degustar no corredor todos os pratos elaborados; non as perdades, haberá moitos e variados pratos!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 07/04/2016 - 18:35
|
Detectáronse casos de piollos no Instituto. Solicitámoslles que extremen o coidado das medidas de hixiene para evitar a extensión do problema.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 05/04/2016 - 21:18
|
É preocupante a cantidade de alumnas e alumnos que entran no centro despois das 8:50. Este problema tratouse no Consello Escolar do pasado 31 de marzo, onde se falou da necesidade de tomar medidas para poñer fin a esta situación, o que pode significar a modificación do Protocolo de xestión de faltas de asistencia e de puntualidade do alumnado, a disposición de toda a comunidade escolar nesta mesma web.
Apelamos á colaboración das familias dado que sen a súa implicación será imposible acabar con este problema.
|
|
|
|
|
|
|