INTERCAMBIO TERRITORIAL PROXECTO-TERRA. VISITA AO COUREL DO ALUMNADO DE 1º ESO

O alumnado de 1º da ESO do noso IES viaxou en dúas quendas diferentes, 1º ESO C/D do 4 ao 5 de maio e 1º ESO A/B do 11 ao 12 de maio, ao Courel grazas a formar parte dos Intercambios Territoriais do Proxecto Terra. A experiencia foi estupenda: estudamos a xeoloxía do Courel (e con ela a de Galicia!), camiñamos por un val glaciar (Val da Lucenza), visitamos varias aldeas típicas da zona e algún castro e sobre todo desfrutamos moito do contacto coa natureza. Rematamos a viaxe cun paseo en catamarán polo río Sil para coñecer a paisaxe do Ribeiro.
Sol, chuvia, arco da vella que nos recargan de enerxía cara o final de curso! Bota unha ollada á nosa reportaxe gráfica:

O IES DO MILLADOIRO NO "I FORO DE EDUCACIÓN FARO DE VIGO"

O IES do Milladoiro participou o sábado 27 de maio no "I Foro de Educación do Faro de Vigo" celebrado no Pazo de Congresos Mar de Vigo. Concretamente, participou no obradoiro do programa TEI para contar a súa experiencia como referencia en centros de secundaria.

 

RUTA DA PEDRA E DA AUGA

O pasado xoves 4 de maio, o alumnado de 2º ESO participou nunha andaina pola Ruta da pedra e a auga en Armenteira e Ribadumia organizada polo departamento de Educación Física. Velaquí as súas imaxes:

PODIO DA OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA. MES DE ABRIL

CHARLA DE RAFAEL PILLADO, EX-PRESO POLÍTICO

O martes 9 de maio Rafael Pillado Lista visitou o Instituto para compartir unha hora de clase co alumnado de Historia de 4º da ESO. Rafael Pillado, xubilado da antiga Empresa Nacional Bazán, actualmente Navantia, traballou durante moitos anos nos estaleiros ferroláns, onde entrou como aprendiz a mediados da década dos anos cincuenta do século XX. Polo seu compromiso coa defensa dos dereitos dos traballadores e a súa militancia política antifranquista sufriu varias detencións. A raíz dos sucesos do 10 de marzo de 1972, foi condenado polo Tribunal da Orde Pública a sete anos de prisión, dos que cumpriu catro grazas a que se beneficiou dunha das amnistías en tempos da Transición. Na actualidade, segue mantendo unha intensa actividade sociocultural e política a través da Asociación Fuco Buxán.

A EXPOSICIÓN "EXILIO E DEPORTACIÓN. JOAQUÍN BALBOA E ANTONIO PÉREZ, DE MONTERREI E BOBORÁS AOS CAMPOS NAZIS" VISITA O IES DO MILLADOIRO

Exilio e deportación é unha exposición itinerante sobre o itinerario vital de dous galegos, Joaquín Balboa e Antonio Pérez, primeiro emigrantes económicos e, posteriormente, exiliados políticos. Trala derrota do Exército Popular da República na Guerra Civil, exiliáronse en Francia, onde foron detidos polos nazis e deportados aos campos de concentración.

Exilio e deportación é unha aposta pola recuperación da memoria dos republicanos españois que se sentiron “traizoados polos aliados” despois da derrota do nazismo, á que contribuíron. “Seguiron a ser apátridas” porque non puideron regresar libremente ao seu país e, se o fixeron, foi baixo o “silencio imposto pola Ditadura” e o “esquecemento do seu sacrificio polo Estado democrático”, en palabras de Heladio Anxo Fernández Manso, autor da mostra.

Exilio e deportación. Joaquín Balboa e Antonio Pérez, de Monterrei e Boborás aos campos nazis estará no IES do Milladoiro entre o 8 e o 22 de maio.

 

 

RESULTADO DA OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA-2º TRIMESTRE

Preme na imaxe para coñecer os resultados da Olimpíada da Convivencia do 2º trimestre. Os gañadores desfrutarán do seu premio o luns 8 de maio na cafetaría do centro.

NOVA REUNIÓN DAS BIBLIOTECAS DA CONTORNA

O mércores 26 de abril as Bibliotecas da contorna de Ames reunímonos novamente, nesta ocasión na EEI do Milladoiro, para concretar o formato, contidos e espazo necesario para a publicación da 1ª Revista anual das bibliotecas da contorna, coordinármonos na elaboración da guía de verán e pór en común os traballos realizados para continuar avanzando na creación dun fondo de recursos locais. Velaquí unha mostra gráfica do noso encontro:

CONCURSO SCI CHALLENGE 2017

Concurso: Sci Challenge 2017.

Nombre del proyecto: Magnetic Acceleration Space Shuttle (lanzadera espacial mediante aceleración magnética)

Autor: Jorge Expósito Patiño, 2ºA BAC.

Descripción: Este vídeo propone un método teórico para enviar objetos a órbita baja terrestre usando aceleración magnética. Este método supondría un gran descenso en los costes y emisiones contaminantes en este tipo de procedimientos.

 

Para la puntuación comunitaria online, el módulo de puntuación contará el número de visitas y la evaluación positiva en forma de "Me gusta".

Puedes visualizar el vídeo en el siguiente enlace: https://www.youtube.com/watch?v=Ckecuflnebw

 

VISITA A METEOGALICA DO ALUMNADO DE 1º ESO

O alumnado de 1º ESO visitou MeteoGalicia os días 4 e 18 de abril, onde ademais de percorrer as súas instalacións, tamén lles explicaron os pasos esenciais que se deben dar para realizar as predicións meteorolóxicas e puideron acceder á sala de predicións para coñecer as ferramentas que usan os técnicos para levar a cabo o seu traballo; recibiron tamén unha explicación básica do proceso de predicion meteorolóxica.

PUBLICACIÓN EN METEOGALICIA

PUBLICACIÓN EN METEOGALICA

ANAQUIÑOS MATEMÁTICOS 3º TRIMESTRE

Comezan, o luns 24 de abril de 16:30 a 17:30 horas, as sesións de Anaquiños Matemáticos para este trimestre. Consulta toda a información no enlace:

ANAQUIÑOS MATEMÁTICOS 3º TRIMESTRE

IV XORNADAS GASTRONÓMICAS FRANCESAS

O pasado día 31 de marzo desenvolvéronse na Biblioteca e no corredor intermedio do noso IES as xa tradicionais Xornadas Gastronómicas Francesas. Nesta edición creouse un novo espazo no concurso para valorar pratos elaborados por alumnado procedente doutros países e que se presentou baixo o nome de Cociñas do mundo. Velaquí os gañadores desta nova edición do concurso:

CHARLA “NENAS E ADOLESCENTES NA GALICIA MODERNA"

O pasado 22 de marzo o alumnado de 3º da ESO tivo a ocasión de escoitar unha charla da catedrática de Historia Moderna, Ofelia Rey Castelao. No marco do día da muller, a profesora da Universidade de Santiago de Compostela fixo unha presentación da historia das “Nenas e adolescentes na Galicia Moderna”, tema ao que lle ten dedicado un gran número de investigacións.

No seu percorrido, Ofelia Rey descubriulle ao estudantado como era a vida das nenas da súa idade en Galicia durante os séculos XVI e XVIII e as enormes diferenzas existentes entre os diversos grupos sociais. 

A charla permitiulle ao noso alumnado entender como se levan a cabo as investigacións históricas e, máis importante se cabe, comprender que forman parte dunha xeración privilexiada cuxa principal preocupación é -ou debería ser- aproveitar ao máximo a educación recibida.

OBRADOIRO DE SEXUALIADADE E RELACIÓNS COERCITIVAS

A partir do martes 18 de abril, nas horas de titoría de 3º ESO, será impartido por Igaxes3 un obradoiro de sexualidade e relacións coercitivas. [Máis información]

RAFTING NO RÍO ULLA

O xoves 30 de marzo, o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, e o martes 4 de abril, o alumnado de 3º ESO, tivo a oportunidade de practicar deporte de aventura en contacto coa natureza participando nunha actividade de rafting no Ulla organizada polo Departamento de Educación Física. Velaquí as imaxes que nos deixa esta actividade:

OBRADOIRO DE CONVIVENCIA NAS TITORÍAS DE 1º ESO

Durante as titorías desta semana, o alumnado de 1º ESO está asistindo a un obradoiro de convivencia, impartido polo Secretariado Xitano, para traballar a discriminación, a interculturalidade e a aproximación á cultura xitana en conmemoración do día 8 abril, día do pobo xitano. [Máis información]

OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS NAS TITORÍAS DE 2º ESO

O alumnado de 2º ESO participará, durante seis sesións da súa titoría, nun obradoiro de "Habilidades sociais para a resolución de conflitos e a mediación", que imparte Igaxes3 e que ten como finalidade preparar o alumnado deste nivel para a súa función de titores/as TEI para o próximo curso. [Máis información]

EXCURSIÓN A DUBLÍN

Un grupo de 32 alumnos de 3ºESO estivemos en Dublín do 21 ó 25 de marzo nunha excursión organizada polo departamento  de Relixión.

Camiñamos moitos quilómetros (cerca de 50) visitando os lugares máis coñecidos de Dublín, como, por exemplo, o castelo, as catedrais de St. Patrick  e Christchurch, St. Mary’s Pro-cathedral, a zona do porto e a de Temple Bar e tivemos visitas guiadas en inglés nas que nos decatamos de que entendemos máis inglés do que cremos.

ACTIVIDADES AULA DE INFORMÁTICA CASA DA CULTURA DO MILLADOIRO

O próximo luns 27 de marzo ábrese o prazo de inscrición para participar nas actividades que se van realizar na aula de informática da Casa da Cultura do Milladoiro. [Máis información]

CHARLA "CRIANZAS TRANS*FORMANDO A SOCIEDADE"

O próximo mércores, 29 de marzo, ás 19:00 hrs terá lugar no Salón de Actos do IES do Milladoiro a charla "Crianzas trans*formando a sociedade" ao coidado de Cristina Palacios, traballadora social e docente, presidenta de Arelas (asociación de familias de menores trans* de Galicia). Esta charla forma parte da iniciativa Escola de Pais.
 
 

VISITA DO ALUMNADO DO LYCÉE THÉPOT (Quimper, Bretagne)

O martes 14 de marzo o IES do Milladoiro recibiu un grupo formado por 57 estudantes e 4 profesores franceses. Foi unha xornada de convivencia motivadora para o alumnado de francés do centro.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

XUNTANZA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE AMES

O pasado 15 de marzo, celebrouse na biblioteca do IES do Milladoiro a 8ª xuntanza da Rede de Bibliotecas Escolares de Ames. Asistiron representantes das bibliotecas do CEIP A Maía, CEIP Agro do Muíño, EEI do Milladoiro, CEP de Ventín e IES Plurilingüe de Ames, e, ademais da posta en común das actividades realizadas nas respectivas bibliotecas, acordamos continuar coa creación dun fondo de recursos locais pedindo colaboración ao Concello, realizar unha publicación conxunta a final de curso, elaborar unha guía de recomendacións literarias para o verán e realizar actividades de lectura compartida para dinamizar os clubs de lectura. Esta xuntanza súmase á realizada no 1º trimestre no CEIP A Maía para organizar as recomendacións da guía de lectura de Nadal.

CLUB DE DEBATE 2017

O pasado venres 10 de marzo o noso centro participou, en Bertamiráns, na fase comarcal do Club de Debate, con 3 equipos, compostos por alumnado de 3º da ESO e de 1º de Bach. Non logramos clasificarnos para a fase final, pero fomos o centro que máis equipos presentou, e competimos moi ben nunha actividade na que se investiron horas de preparación (baixo a coordinación do profesorado do EDLG) e que supuxo unha excelente práctica do que é preparar un tema traballando en equipo e o que implica presentarse ante un auditorio para defendelo. Superamos ben esa fase de nervios e quedamos co bo sabor do traballo ben feito. Parabéns ás nosas alumnas e aos nosos alumnos participantes. [Máis información]

Nova en La Voz de Galicia

II REUNIÓN ANUAL DA REDE DO IES DO MILLADOIRO

O pasado 14 de marzo, celebrouse na Biblioteca do centro a segunda reunión anual da Rede do IES do Milladoiro. Os temas tratados xiraron arredor dos proxectos de colaboración entre os centros educativos do Milladoiro e a posta en marcha do acordo co Concello para que alumnado con condutas disruptivas preste servizos sociocomunitarios, entre outros. Ademais, compartiuse información sobre iniciativas do Instituto como os contratos-programa, a solicitude do Selo de Calidade Vida Saudable e as actuacións de futuro. A Rede do IES do Milladoiro, que empezou a traballar no curso 2015/2016, reúnese co periodicidade trimestral. Está formada por Anpa do Ies do Milladoiro “Anpa Milla”, AnpaÁgora do IES do Milladoiro, Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso), Asemblea de Cooperación pola Paz (Acpp), Asociación de Empresarios do Milladoiro, Centro de Educación Primaria de Ventín, Centro de Saúde, Concello de Ames, Escola Infantil do Milladoiro Garda Civil do Milladoiro, Fundación Secretariado Xitano, Inspección educativa e Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector (Igaxes3).

MEDEA, NO FESTIVAL DE TEATRO CLÁSICO DE OURENSE

Con Medea, de Eurípides, interpretada pola compañía de Teatro Xuvenil Párodos,  o alumnado de Cultura Clásica, Latín e Grego volveu novamente ao Festival de Teatro Grecolatino, nesta ocasión no Auditorio Municipal de Ourense e na súa XVII edición. A representación, adaptación amena e áxil dunha das mellores obras do autor dramático, recreou, a través dunha coidada escenografía, a traxedia dun dos personaxes míticos máis intensos da literatura grega.

L'ART EN FRANCE

O alumnado de francés de 3ºESO participou no concurso de “affiches” organizado pola APFG, resultando premiada co segundo premio na categoría de 3ºESO/ 4ºESO a alumna Sabela Nóvoa. Félicitations!!!

FESTIVAL DE ENTROIDO 2017

PODIO DE FEBREIRO: A OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA ESTÁ MOI DISPUTADA

APERTURA DA BIBLIOTECA UN MÉRCORES AO MES: OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS E SESIÓN DE BANDA DESEÑADA

O mércores 15 de marzo, dende as 17:30 até as 18:30 hrs, desenvolverase na biblioteca un “Obradoiro de marcapáxinas” e un “Curso de banda deseñada”. Consulta máis información na biblioteca e anímate a participar, a inscrición é gratuíta.

CHARLA "INTERNET E REDES SOCIAIS" PARA O ALUMNADO DE 1º ESO

O venres 17 de marzo, o alumnado de 1º da ESO participará na charla “Internet e Redes Sociais” impartida pola Garda Civil dentro do “Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e a súa Contorna”, co seguinte horario:

  • 1ª hora: 1º C+D
  • 2ª hora: 1º A+B

Esta charla forma parte das actividades que realizará, ao longo do mes de marzo, o alumnado de 1º e 3º da ESO no obradoiro: “Reflexionando xuntos sobre a utilización responsable das novas tecnoloxías”, nas sesións de titoría.

CARTA INFORMATIVA FAMILIAS

ENLACES DE INTERESE

Distribuir contido