XUNTANZA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE AMES

O pasado 15 de marzo, celebrouse na biblioteca do IES do Milladoiro a 8ª xuntanza da Rede de Bibliotecas Escolares de Ames. Asistiron representantes das bibliotecas do CEIP A Maía, CEIP Agro do Muíño, EEI do Milladoiro, CEP de Ventín e IES Plurilingüe de Ames, e, ademais da posta en común das actividades realizadas nas respectivas bibliotecas, acordamos continuar coa creación dun fondo de recursos locais pedindo colaboración ao Concello, realizar unha publicación conxunta a final de curso, elaborar unha guía de recomendacións literarias para o verán e realizar actividades de lectura compartida para dinamizar os clubs de lectura. Esta xuntanza súmase á realizada no 1º trimestre no CEIP A Maía para organizar as recomendacións da guía de lectura de Nadal.