PROGRAMA "VALORES DE FUTURO"

Valores de futuro é un programa de educación financeira do BBVA, dirixido ao alumnado de 1º a 3 da ESO(http://www.valoresdefuturo.com/es/secundaria). O seu obxectivo é fomentar a reflexión, o debate e do diálogo na aula sobre os valores asociados ao bo uso do diñeiro.

O alumnado de 2º da ESO do IES do Milladoiro participa nesta actividade, promovida polo Departamento de Economía, encabezado polo profesor Francisco Longarela. Todo o alumnado dese nivel asistiu a un obradoiro, froito do que está elaborando un proxecto que consiste en realizar un orzamento para unha saída escolar.

Paralelamente, cada mes, o proxecto máis votado na web será destacado como “A clase do mes,” polo que cada alumna e cada alumno recibirá un premio.

Animamos a todos os mesmos da comunidade escolar a votar polo proxecto do alumnado do IES do Milladoiro, para o que é preciso entrar en http://www.valoresdefuturo.com/es/participacion/80431.