Extraescolares e complementarias

Viaxe a Porto

Os días 22 e 23 de novembro alumnos/as de Fundamentos do Deseño (2º bach. de artes) desprazáronse a Porto na compaña do seu profesor, Alberto Pena, á Fundación Serralbes a a Casa da Música... Achegáronse á arquitectura tradicional e moderna a través do seu periplo pola cidade, no que non faltou a visita á unha adega de viño do Porto.

Obradoiro de Robótica

O 17 de novembro alumnos/as de primeiro da ESO achegáronse en Vigo á E.T.S.E. e Telecomunicacións para realizar a montaxe dun robot co material fornecido pola Escola. Foi unha experiencia impactante xa que todos os cambios experimentados gardábanse na memoria do robot. Os alumnos/as non querían marchar diante de tal experimento.

Ser lingua non é fácil

Do 09 ao 20 de novembro puidemos contemplar na Ágora a exposición "Ser lingua non é fácil". Mediante a observación dos paneis o alumnado puido decatarse da funcionalidade das linguas e da súa relación con condicionamentos sociais, políticos e económicos. A reflexión abrangeu tamén aos momentos críticos que ao longo da historia sufriron linguas como o inglés, francés, portugués, italiano... Hoxe todas elas linguas normailzadas.                                                                                        

Exposición "Érase una vez la vida"

O 29 de outubro, alumnado de distintos niveis visitou en Vigo a exposición "Érase una vez la Vida". Foi unha experiencia inesquecible e impactante, onde mediante a observación de máis de 100 órganos individuais e 10 corpos completos, fixeron unha viaxe apaixonante polo interior do corpo humano. Unha mirada real baixo a nosa pel.

Representación teatral no auditorio

Alumnado de 3º ESO e Dramatización, o 10 de novembro, foi ao auditorio de Cangas para asistir a unha representación teatral "Atra bile", organizada pola concellería de Cultura e Educación do Concello de Cangas co obxectivo de achegar o teatro aos máis novos. Representada polo Grupo de Teatro Ningures, a trama desenvólvese ao redor dun velorio no que a interpretación dos protagonistas engaiolou ao público asistente.

Magosto

O Luns 9 de novembro celebramos o Magosto con cambio de hora previsto debido ás previsións metereolóxicas: de 11,20 a 13,10 h. Ao final non tivemos a sorte desexada e foi un Magosto pasado por auga. De calquera xeito fixéronse as actividades previstas e organizadas polo alumnado do Ciclo (tiro da corda, competecións varias, loita de gladiadores...), asado e degustación de castañas. Contamos coa presenza de alumn@s do centro Juan XXIII e os seus monitores.

 

Actividades de Santos

Un ano máis arredor da festividade de Todos os Santos e Difuntos desenvolvéronse distintas actividades:

  • Casa do Terror, organizada polos alumnos/as do 1º curso do TAFAD e puntuable dentro da materia de Animación e Dinamización de grupos. Asistíu o alumnado da ESO dentro dun horario prestablecido (30 de outubro)
  • Concurso de Caliveras-Samaín: organizada polo Departamento de Normalización e Dinamización Lca. para contribuír a conservación do noso Patrimonio Cultural. Os premiados foron: 1º premio, Cristina Gonzálewz Figueroa; 2º premio, Saray Martínez Pousada; 3º premio, Sara Martínez Martínez.
  • Degustación de chulas: o alumnado de Diversificación levaron a cabo esta actividade consistente na elaboración e degustación das tradicionais chulas.

Actividades nos recreos

Na semana do 19 ao 24 de outubro estanse a normalizar as actividades durante os recreos. Despois das presentacións feitas na semana anterior o programa das mesmas é como segue:

 LUNS MARTES   MÉRCORES XOVES   VENRES

1º Recreo

Fútbol sala(alumnos/as TFAD)

Piano (Xulio Abalde)

Coro (Elena Moure)

2º Recreo

Competicións deportivas

Piano (Elena Moure)

Guitarra (Xulio Abalde)

Parckour (Carlos Novo)

 

Baloncesto, Voleibol,Tenis de mesa

Baile galego (Joshuá, alumno Artes)

Xadrez (Abel Quiroga)

Papiroflexia (Trinidad Pérez)

Piano (Elena Moure) 

1º Recreo

Competicións deportivas

Percusión (Xulio Abalde)

Piano (Elena Moure) 

2º Recreo

Competicións Deportivas

Piano (Xulio Abalde) 

Tarde (15,45-17,30)

Obradoiro teatro (Pedro P. Riobó) 

 

Patinaxe (Mónica Lemos )

Periódico-poesía (Soledad Robleda)

Taller animación (Joseba García)

Malabares (Manolo Otero)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Badminton (Manolo Otero)

Baile de Salón (Pablo Samartín)

Piano (Elena Moure)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Actividades propostas para o curso 2009-2010

    Dentro das actividades complementarias que se realizan co alumnado en horario lectivo, que forman parte da programación pero que teñen un carácter diferenciado polo momento, espazo ou recursos que se utilizan, neste curso escolar van realizarse as seguintes:

CONMEMORACIÓNS E CELEBRACIÓNS

  • Samaín
  • Magosto
  • Entroido
  • San Valentín
  • Día do Libro
  • Día das Letras Galegas
  • Festival conxunto cos centros adscritos
  • Fin de Curso con Vive a música!, entrega de premios do Certame de Poesía….

ACTIVIDADES EN COLABORACIÓN CON ASOCIACIÓNS, INSTITUCIÓNS, ETC.

 

  • Taller sobre a violencia de xénero.(alumnado de 4º)
    • Concello de Cangas
  • Charla coloquio sobre a actividade na bolsa (alumnado de economía)
    • Caixa Galicia
  • “Te puede pasar” Charla coloquio (Alumnado de 4º)
    • AESLEME
  • Obradoiro sobre tabaquismo (alumnado de 2º Eso)
    • Concello de Cangas
  • Obradoiro sobre a prevención do uso do alcohol (alumnado 3º ESO)
    • Concello de Cangas.
  • Obradoiro sobre a prevención do uso de drogas. (alumnado 4º ESO)
    • Concello de Cangas.
  • Participación no programa AULAS SEN FUME. ( alumnado 1º ciclo)
    • Delegación Provincial Sanidade
  • Charla coloquio AUTOPROTECCIÓN. (alumnado 1º ciclo)
    • Protección Civil
  • Obradoiros COEDUCATIVOS. (alumnado 4º ESO)
    • Concello de Cangas
  • Presentación da Universidade. (alumnado de bacharelato)
    • Universidade de Santiago.
  • Obradoiros Semana Intercultural.
    • Concello de Cangas
  • Plantación de árbores.
    • Comunidade de Montes de Darbo

CONCURSOS, EXPOSICIÓNS, CERTAMES, MOSTRAS, PUBLICACIÓNS…

 

  • O alumnado de artes participa nos concursos de carteis para a mostra de teatro, entroido de Cangas, etc
  • Exposición de máscaras do entroido
  • Exposición xeral dos traballos do alumnado de artes no Auditorio
  • Certame de poesía María Soliño, aberto ao alumnado de todos os centros de Galicia.
  • Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo.
  • Concurso exposición de cabazas “Samaín”
  • Publicación mensual de María Soliño News.
  • Arando Cedo. Revista coordinada por Normalización Lingüística

DINAMIZACIÓN DOS RECREOS

 

    Durante os recreos, para diversificar os momentos de ocio, e ao mesmo tempo como elemento integrador daqueles alumnos/as con maiores problemas de relación, ofrécense as seguintes actividades abertas a todo o alumnado:

 

  • Luns: Baile de Salón e Iniciación á Percusión
  • Martes: Xadrez, Fotografía Dixital e Parkour
  • Mércores: Coro
  • Xoves: Patinaxe e Papiroflexia
  • Venres: Bádminton

 

    Ademais os luns, martes e mércores celébranse ligas e campionatos deportivos organizados polo alumnado: fútbol sala, balonmán, tenis de mesa, bádminton, etc

    Tamén nalgúns recreos se intentará dinamizar o uso da ágora con actividades varias: música, demostracións, degustacións, presentacións…..

Distribuir contido