Profesional

Programacións didácticas

  Cuestións que se deben ter en conta na elaboración das programacións didácticas

 

 

 Aspectos que deben incluír: en circular enviada aos centros o 28 de febreiro de 2009 as Subdireccións Xerais de Ordenación Educativa e de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo indican que as programacións docentes deben incluír os seguintes aspectos:
 
  1. A contribución de cada materia ao logro das competencias básicas
  2. Os obxectivos establecidos para cada curso / ciclo
  3. Os contidos, secuencia e temporalización
  4. Os criterios de avaliación, relacionados coas competencias básicas
  5. A metodoloxía didáctica que se vai aplicar
  6. Os materiais e recursos didácticos que se vaian utilizar
  7. Os procedementos e instrumentos de avaliación
  8. Os criterios de cualificación
  9. A especificación dos mínimos esixibles para obter unha avaliación positiva
  10. As medidas de atención á diversidade
  11. O programa de reforzo para a recuperación das materias pendentes de cursos anteriores
  12. Actividades complementarias e extraescolares
  13. As accións previstas de acordo co proxecto lector
  14. As accións previstas de acordo co plan de integración das TIC
  15. Procedemento de acreditación de coñecementos previos para as materias que así o precisen (2º de bacharelato)
  16. Os criterios para avaliar a propia programación

Asi mesmo, lémbrase que os centros deben concretar os procedementos de información ás familias e ao alumnado sobre o proceso de aprendizaxe, os obxectivos, competencias básicas, contidos, criterios de avaliación e mínimos esixidos.

Para optimizar esforzos e recursos sería aconsellable que as programacións docentes e calquera outro documento pedagóxico que os centros deban remitir á inspección educativa se envíen en soporte informático.

 

   
Con respecto ao momento de elaboración da programación e á información básica que se debe dar ao alumnado a principio de curso (e que como en anos anteriores quedará a disposición de quen desexe consultala posteriormente na xefatura de estudos e na páxina web do centro) a orde do 15 de xuño de 2009 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2009/2010, nos centros docentes sostidos con fondos públicos, di o seguinte:
    Artigo 9º.-Actividades de programación.

3. Previo ao inicio de curso, o profesorado responsable de cada departamento e da coordinación de ciclo fará entrega da programación didáctica á xefatura de estudos. A dirección do centro remitirá as programacións docentes á inspección educativa, que comprobará a súa adecuación ao establecido nas disposicións vixentes e formulará as suxestións que coide oportunas, indicando as correccións que procedan.

4. Ao inicio de curso, o profesorado responsable de cada departamento e da coordinación de ciclo elaborará información básica relativa á programación didáctica, que dará a coñecer á comunidade educativa seguindo o procedemento establecido no centro para garantir a súa publicidade. Así mesmo, o profesorado informará ao alumnado das programacións docentes da súa área ou materia. Esta información básica incluirá os obxectivos, contidos e criterios de avaliación do ciclo ou curso correspondente, os mínimos esixibles para obter unha valoración positiva, os criterios de cualificación e os procedementos de avaliación da aprendizaxe que se vaian utilizar.

   
 Outras disposición legais nas que se fai referencia ás programacións docentes: 
     
  O Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, indica con respecto ás Programacións didácticas o seguinte:
 

4. As programacións docentes serán elaboradas polos órganos de coordinación docente que corresponda e contarán, polo menos, cos seguintes elementos:

a) Contribución das materias ao logro das competencias básicas.

b) Obxectivos, contidos e criterios de avaliación para cada curso.

c) Metodoloxía e materiais curriculares.

d) Procedementos e instrumentos de avaliación.

e) Mínimos exixibles para a obtención dunha avaliación positiva.

f) Medidas de atención á diversidade.

g) Programa de reforzo para a recuperación das materias pendentes de cursos anteriores.

h) Actividades complementarias e extraescolares.

       
  Na Orde de 28 de agosto de 1995 (BOE de 20-9-1995) pola que se regula o procedemento para garantir o dereito do alumnado a que o seu rendemento escolar sexa avaliado conforme a criterios obxectivos, sinálase con respecto ás programacións didácticas:
 

Tercero.-1. Con el fin de garantizar el derecho que asiste a los alumnos a ser evaluados conforme a criterios de plena objetividad, deberán hacerse públicos los criterios generales sobre evaluación de los aprendizajes y promoción de los alumnos que se aplicarán en los centros, con especial referencia, en el caso de la Educación Secundaria Obligatoria, a los criterios fijados para la obtención del título de Graduado en Educación Secundaria.

2. Asimismo, al comienzo del curso escolar, el Jefe de cada departamento didáctico elaborará la información relativa a la programación didáctica que dará a conocer a los alumnos a través de los Profesores de las distintas áreas y materias asignadas al departamento. Esta información incluirá los objetivos, contenidos y criterios de evaluación del ciclo o curso respectivo para su área o materia, los mínimos exigibles para obtener una valoración positiva, los criterios de calificación, así como los procedimientos de evaluación del aprendizaje que se van a utilizar.

3. Durante el curso escolar, los Profesores y, en última instancia, los Jefes de departamento como coordinadores de las actividades docentes de los mismos, facilitarán aquellas aclaraciones que, sobre lo establecido en las programaciones didácticas, puedan ser solicitadas por los alumnos y sus padres o tutores.

 

 

  O Regulamento Orgánico dos Institutos de Educación Secundaria indica con respecto ás programacións didácticas o seguinte:

   Artigo 95º. Cada departamento elaborará a programación didáctica das ensinanzas que ten encomendadas, agrupadas nas etapas correspondentes, seguindo as directrices xerais establecidas pola comisión de coordinación pedagóxica.
   Artigo 96º. A programación didáctica dos departamentos incluirá, necesariamente, os seguintes aspectos para cada unha das áreas, materias e módulos asignados ou integrados nel, como consecuencia do establecido no artigo 72 deste regulamento:

a) No caso da educación secundaria obrigatoria, os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación para o primeiro ciclo e para cada un dos cursos do segundo ciclo, con especial referencia aos mínimos esixibles.

b) No caso do bacharelato e dos ciclos formativos, os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación para cada curso, con especial referencia aos mínimos esixibles.

c) A metodoloxía didáctica que se vai aplicar.

d) Os procedementos de avaliación da aprendizaxe dos alumnos e alumnas.

e) As actividades de recuperación para os alumnos e alumnas de bacharelato e ciclos formativos con materias ou módulos pendentes e os reforzos para lograr a devandita recuperación.

f) Os materiais e recursos didácticos que se vaian utilizar, incluídos os libros para uso dos alumnos e alumnas.

g) A programación correspondente aos temas transversais.

h) As actividades complementarias e extraescolares que se pretenden realizar desde o departamento.

i) As medidas de atención á diversidade, se é o caso, as adaptacións curriculares para os alumnos e alumnas que as precisen.

   Artigo 97º. Os profesores e profesoras programarán a súa actividade docente de acordo coas programacións didácticas dos departamentos aos que pertenzan, incluídas no correspondente proxecto curricular de etapa. No caso de que algún profesor ou profesora decida incluír na programación da súa actividade docente algunha variación con respecto á programación conxunta do departamento, esta variación, e a xustificación correspondente, incluirase na programación deste, sempre que así o acorde o departamento ou, en último caso, a Comisión de Coordinación Pedagóxica.

 

 

 

 

Distribuir contido