Actividades de Santos

Un ano máis arredor da festividade de Todos os Santos e Difuntos desenvolvéronse distintas actividades:

  • Casa do Terror, organizada polos alumnos/as do 1º curso do TAFAD e puntuable dentro da materia de Animación e Dinamización de grupos. Asistíu o alumnado da ESO dentro dun horario prestablecido (30 de outubro)
  • Concurso de Caliveras-Samaín: organizada polo Departamento de Normalización e Dinamización Lca. para contribuír a conservación do noso Patrimonio Cultural. Os premiados foron: 1º premio, Cristina Gonzálewz Figueroa; 2º premio, Saray Martínez Pousada; 3º premio, Sara Martínez Martínez.
  • Degustación de chulas: o alumnado de Diversificación levaron a cabo esta actividade consistente na elaboración e degustación das tradicionais chulas.