Magosto

O Luns 9 de novembro celebramos o Magosto con cambio de hora previsto debido ás previsións metereolóxicas: de 11,20 a 13,10 h. Ao final non tivemos a sorte desexada e foi un Magosto pasado por auga. De calquera xeito fixéronse as actividades previstas e organizadas polo alumnado do Ciclo (tiro da corda, competecións varias, loita de gladiadores...), asado e degustación de castañas. Contamos coa presenza de alumn@s do centro Juan XXIII e os seus monitores.