Dúas alumnas de primeiro de Bacharaleta do IES María Sarmiento de Viveiro gañaron a Olímpiada de Xeoloxía de Lugo, organizada a semana pasada en Ribadeo pola Asociación Española para a ensinanza das Ciencias da Terra (Aepect).
Belén Lorenzo Pérez quedou primiera, mentres que Nieves Cobelo Requeijo quedou segunda nas probas que se desenvolveron na praia das Catedrais (práctica) e no IES Gamallo Fierros (teórica).
Belén Lorenzo Pérez participará na fase nacional, xunto cos gañadores e gañadoras das restantes sedes de Galicia, que terá lugar o día 26 de marzo en Almería (convocada polo Colexio de Geólogos, a Sociedade Xeolóxica Española e a AEPECT (Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra). De aí sairá a selección que competirá na fase internacional a finais do verán.
Nesta edición participaron 200 estudantes de Secundaria e Bacharelato de toda Galicia, 32 dos cales fixérono na sede de Ribadeo, algo que a AEPECT considera un éxito nunha situación de Pandemia e despois de que a edición do ano pasado tivera que ser telemática.
A olimpíada de Xeoloxía é unha actividade educativa que pretende:
- Fomentar o interese polos contidos propios da Xeoloxía e do conxunto das ciencias da Terra.
- Animar aos estudantes participantes a comenzar estudos universitarios relacinados coa Xeoloxía.
- Destacar a importancia da preservación do medio natural.