O pasado venres tivemos a sorte de contar ca presenza de Arantza Portabales e con Eva de Editorial Galaxia. O alumnado quedou encantadou e fixéronlle un montón de agasallos a Arantza!
Con motivo do día das letras galegas o alumnado de 1º de ESO co seu profesor Manuel Leitón e os alumnos de 4º ESO coa profesora Luz Sierra, elaboraron unha exposición de carteis con retratos e datos biográficos máis relevantes do autor homenaxeado este ano polo día das letras galegas: Florencio Delgado Gurriarán. Este escritor tivo que pasar gran parte da súa vida exiliado, vivindo en terras mexicanas e dende alí traballou para manter viva a cultura galega.
Con motivo desde festividade, a profesora de música María Ron organizou un obradoiro de regueifas cos regueifeiros Pinto d'Herbón de Luís "O Caruncho" que terá lugar maña mércores no teatro Pastor Díaz.
Durante a maña de onte puidemos gozar da visita da escritora Ledicia Costas falándolles das súas obras O Corazón de Xúpiter, Unha estela no vento e Golpes de Luz ao alumnado de 2º, 3º e 4º ESO. Grazas a Edicións Xerais de Galicia e a profesora do departamento de galego Luz Sierra por organizalo.