Skip to Content

Novas do departamento

Visita de representantes do clube de Remo de Celeiro

O pasado martes martes 13 de decembro o departamento de EF do IES MARÍA SARMIENTO, dentro do programa PROXECTA+, contou coa visita de representantes do clube de Remo de Celeiro. Amosaron a alumnado de 2º e 3º da ESO o que é este deporte e animaron á rapazada a inscribirse nunha actividade que aporta un montón de beneficios.  

                          

NOVAS DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

  Coma en anos anteriores o noso departamento

solicita a súa participación no PLAN PROXECTA.

Este programa, da Consellería de Educación, traballa no ámbito da   innovación educativa e ten moitas vertentes, no noso caso, tratamos de orientar ao alumnado en proxectos de vida activa e saudable.

 

Así, entre outras accións, utilizamos a plataforma DAFIS para obter datos da condición física (relacionada coa saúde) do alumnado e con eles ofrecer asesoramento para o mantenemento ou mellora desa condición física. Buscamos, tamén que o alumnado coñeza o tecido deportivo da nosa contorna, ben sexa con charlas ou con actividades propostas por clubes, persoas, empresas ou diversas organizacións.

 

En definitiva: tentamos que a actividade físico-deportiva sexa un pilar básico na vida do alumnado

Para máis información pincha no seguinte LINK que te levará á páxina web do departamento de EF do IES María Sarmiento

 

OUTRAS NOVAS DO DEPARTAMENTO

Por segundo ano consecutivo tivemos a gran sorte de contar co noso ex-alumno Álex González, que na actualidade é campión galego de ciclismo adaptado e participou no campionato de España desta modalidade. A actividade estaba dirixida ao alumnado de primeiro de bacharelato

Así, o luns, 3 de outubro, Álex González, acompañado de Tania Monteagudo, a súa adestradora, (graduada en ciencias da actividade física e deporte e tamén ex-alumna do noso centro) contáronnos o que é adestrar nesta modalidade dende o punto de vista de cada un deles.

Álex explicou como o deporte sempre foi un referente na súa vida, tanto antes coma despois do accidente, e Tania falou da importancia de que todas as persoas, independentemente das súas características, teñan acceso á práctica deportiva. Para isto, contan co apoio do proxecto ENKI que busca un mundo mellor a través do deporte.

O martes, 4 de outubro, o alumnado xunto con Álex disfrutaron dun pequeno percorrido en bicicleta polo paseo de Covas. Vimos como é unha bicicleta adaptada e como é importante respetar os espazos de aparcamento destinados a persoas con movilidade diversa. Non é doado, baixar do coche, montar na cadeira, baixar a bicicleta e montar nela volvendo a cadeira ao coche, sen o espazo suficiente para facelo… Tamén vimos como é unha “handbike” e a velocidade que colle…

Xogadoras do Burela FS Feminino visitan o noso centro

As xogadoras Lara Balseiro e Emilly do Burela FS Femenino compartiron unha xornada co alumnado do IES María Sarmiento. Aproveitamos para repasar a traxectoria do equipo Feminino (acaba de proclamarse Campión de Europa e da Supercopa de España ) e para falar do deporte feminino, a igualdade de xénero (ou desigualdades) e do convenio laboral que firmou o Burela FS coas súas xogadoras, pioneiro en toda España.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut