No IES María Sarmiento, realizouse un proxecto en colaboración coa Deputación de Lugo, a Consellería de Educación e Turismo do concello de Viveiro, a Asociación “Amigos do camiño do Mar”, a Once e a Asociación Bágoas da Terra de Viveiro.
É unha actividade de grandes dimensións pola interdisciplinariedade departamental, polo número de centros que participaron nesta e polo gran número de asociación e organismos implicados que están poñendo o seu gran de área constituíndo unha gran mostra da cultura, e da arte ao longo co camiño de Santiago.
A actividade está distribuída da seguinte maneira:
En primeiro lugar os alumnos dos diferentes colexios ou institutos de Viveiro (CEIP Covas, CEIP Loís Tobío, CEIP Landro, CEIP Vicedo, IES vilar Ponte, IES María Sarmiento) realizan unha peregrinaxe a través dun tramo do camiño do mar, guiados polo presidente da Asociación Amigos do camiño do mar con chegada ao IES María Sarmiento onde se lles fai entrega dunha credencial financiada e selada polo Concello de Viveiro.
A continuación, visionaron unha gravación elaborada pola CRTVG, Fundación Barrié e Fundación Catedral de Santiago e editado polo Departamento de Historia e arte do María Sarmiento, explicativo do conxunto escultórico do Pórtico da Gloria.
Finalmente fan un percorrido pola exposición “A memoria do son”, que temos no centro, proxecto da colección de instrumentos musicais e arquivo documental do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo que permite contemplar réplicas dos instrumentos máis populares da Europa medieval entre os que están os do Pórtico da Gloria. A exposición aporta información sobre a instrumentación e ao mesmo tempo uns código QR cos que poden escoitalos A ONCE a través da súa profesora Eva María Lage Gil, que se encargou da transcrición a braile dos diferentes paneis informativos.
O luns 25 de Abril procedeuse a realizar unha cerimonia de clausura na que os alumnos de música do María Sarmiento interpretaron a Cantiga de Santa María número 100 coa oportunidade única de poder empregar o salterio da propia exposición entre outros instrumentos. O actor profesional Víctor Rolle recitou unha cantiga de amor musicalizada do cancioneiro Afonso Páez, así como o profesor de lingua galega Pepe Casariego fará o mesmo cunha cantiga de Pero Meogo.
Todo isto nun decorado completamente medieval con botafumeiro incluído proporcionado pola presidenta da asociación Bágoas da Terra de Viveiro: Mari Carmen Chipe.