Teléfono contra o acoso escolar
900 018 018
Atendido as 24 horas do día os 365 días do ano
Adaptado a persoas con capacidade auditiva e de fala
Este número de teléfono 900 018 018 é unha ferramenta indispensable na loita contra o acoso escolar.
Os destinatarios do servizo son os alumnos, pais, nais e titores legais, profesores, equipos directivos e persoal dos centros docentes, e en xeral calquera persoa que teña coñecmento de casos de malos tratos ou acoso no ámbito escolar, tanto dentro como fóra do centro docente.
Inclúense tamén casos de ciberacoso, a través de internet, móbiles e redes sociais.
A intención do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte é chegar a todos os menores e a todos os supostos de malos tratos no ámbito escolar.
As chamadas serán atendidas exclusivamente por persoal en posesión dunha licenciatura ou grao universitario no ámbito da Psicoloxía. Pero a atención non será só psicolóxica, senón que conta cun equipo de traballadores sociais, xuristas e sociólogos que prestarán a atención que o menor necesite, incluida a consulta e derivación do caso ás forzas e corpos de seguridade, a inspección educativa, centros de saúde, ministerio fiscal e outras autoridades e institucións competentes, sempre de forma voluntaria, e asegurando en todo momento o anonimato e a confidencialidade das persoas que chamen se así o desexan.
O servizo prestarase durante 24 horas, os 7 días á semana, e todos os días do ano.
A chamada será gratuita, e non aparecerá na factura do teléfono desde o que se faga a chamada; é dicir, non deixará rastro algún.
Ademáis, ponse a disposición dos usuarios con discapacidade auditiva ou da fala un servizo de mensaxería de texto, así como a atención dun axente en linguaxe de signos por video-chat ou video-chamada.