Skip to Content

Libros de texto 2024-25

Nas seguintes ligazóns accédese ao listado de libros de texto para o vindeiro curso.

Libros ESO

Libros BAC

Devolución de portátiles E-Dixgal Xuño 2024

MATRÍCULA CURSO 2024-25

MATRÍCULA CURSO 24-25 - CALENDARIO E DOCUMENTACIÓN

Prazos admisión ordinaria modular 2024-2025

Prazos admisión FP Basica 2024-2025

Modelo AUTODECLARACIÓN 24-25

IMPRESO TRANSPORTE ESCOLAR 2024-25

IMPRESO COMEDOR CURSO 24-25

 

Para axudar a matriculación de 1º Curso de Ciclos formativos, dende o día 26 ata o dia 4 de xullo, haberá profesorado en horario de 10 a 13 horas

Entrevista a Jimena Jiménez Monteiro

Os alumnos Martín Esmorís e Lucía Fernández,  de 1° ESO C e colaboradores da RPA  entrevistaron a Jimena Jiménez Monteiro , primeira alumna de etnia xitana que remata 2° BAC e vai estudiar na Universidade .

 
Colaboraron Fran B, (responsable da Radio), Xanfer (fotografía) e Lucía Rey (periodista Voz Galicia ) 
 
O profesorado amosa a súa satisfacción polo traballo e logros acadados pola alumna.
 
A principios de xullo fará as probas Ebau e despois o seu desexo e estudiar Dereito e ser avogada. 
 
Oxalá o seu exemplo sirva para moito alumnado empezando polo seu irmán Antonio. 
 
Moita sorte Jimena !!! 
 
                                 
 
 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO CONVOCATORIA 2023/24

Aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 8 de xullo de 2024 para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 (código de procedemento ED311D),publicada no DOG do 6 de xuño 2024 para alumnado de 4º ESO cunha nota media de ESO igual ou superior a 9.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na aplicación PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu), no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal) e na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Achégase unha folla informativa coas novidades e características máis relevantes desta convocatoria e con consellos prácticos sobre o proceso de solicitudes.

a) A forma máis aconsellable de cubrir as solicitudes é mediante o emprego da aplicación PremiosEdu, deseñada para facilitar este procedemento. Unha vez cuberta, a aplicación permite tanto a presentación da solicitude na sede electrónica a través dun enlace directo, como a presentación presencial (por exemplo, nun rexistro) imprimindo o Anexo I cos datos introducidos. 

b) Posto que na meirande parte dos casos o alumnado é menor de idade non emancipado, nas solicitudes debe constar como representante un dos seus pais, nais ou titores/as legais, que ademais asinará as solicitudes.  

Servizo de Avaliación do Sistema Educativo
Subdirección Xeral de Ordenación, Inspección e Avaliación do Sistema Educativo

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Visita de alumnado de Soldadura o Museo do mar e Forxa Artística Telmo Cao

   

 

 

Premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024

Participación  nos Premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A / DOG 26 abril), destinado a alumnado de 2º bacharelato (cunha nota igual ou suprerior a 8,75)

Prazo de presentación de solicitudes ata o día 28 de maio de 2024.

Achégase unha folla resumo das características do premio con indicacións importantes sobre como realizar a solicitude desde a aplicación de PremiosEdu ou desde a Sede electronica.

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

 

Proxecto etwinning "eSafety Comic Book"

Os alumnos de 3ºC estiveron participando no Proxecto etwinning "eSafety Comic Book" xunto con outros rapaces de 10 centros de 9 paises diferentes (Francia, Italia, Portugal, Chequia, Eslovaquia, Turquía, Jordania, Polonia, España), como resultado fixeron un Comic
 
Tamén un libro de posters con consellos para un navegación por Internet con seguridade:
 
I este é o link a todos os traballos feitos:
 
Estas son imaxes de distintos momentos ó longo do proxecto.
 
 

Viaxe do alumnado de 3º ESO a Tarragona e Barcelona

      

Viaxe do alumnado de 2º ESO o Campamento Binatur en Ponferrada

        

        

Viaxe alumnado 1º ESO o Parque da Natureza de Cabárceno

            

           

Alumnado de 1º CS Administración e Finanzas en Innova

O pasado 24, 25 e 26 de abril, o alumnado de 1º CS Administración e Finanzas presentou o seu proxecto de emprendemento en Innova.

Este proxecto foi creado dentro do programa Lanzadeiras e trátase de “Lévote Eu”; unha empresa de transporte de vehículos de renting con condutores privados e capacidade para 9 prazas que busca optimizar o tempo e reducir os custos e as emisións contaminantes en desprazamentos dende Viveiro ás principais cidades galegas.

A idea xurdiu do alumnado dado o precario servizo de transporte público que temos en Viveiro e captou a atención do Conselleiro de Educación Román Rodríguez e da da Directora Xeral de FP Eugenia Pérez.

Para chegar ao resultado final da creación da empresa "Lévote Eu", o alumnado traballou por proxectos nos distintos módulos do ciclo formativo, en equipo e de forma coordinada polos profesores, enfocando de forma práctica os contidos teóricos e estimulando o espírito emprendedor do alumnado.

No módulo de Comunicación e Atención ao Cliente traballaron toda a parte de Marketing e atención á clientela, en Xestión da Documentación Xurídica e Empresarial realizaron os trámites de creación e posta en marcha, en RRHH e RSC deseñaron o organigrama e a estratexia de responsabilidade social corporativa e no módulo de Ofimática realizaron o presuposto de tesoureira e crearon o logotipo e demais carteis publicitarios (flyers, tarifas de prezos, etc.).

                           

ORDENACIÓN DA FP GALEGA NO ÁMBITO DA LEI DE FP

Corrección de erros da listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente AXUDASLE

CORRECCIÓN DE ERROS da listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido na Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 12/02/24): https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43021

AXUDASLE Publicación das listaxes

O día 23 de abril foron publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación relacionada coas comprobacións segundo o establecido no artigo 8.1 (apartados c,d,e,f), segundo o establecido no artigo 16.3 da Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 12/02/24) que se poden consultar na web da convocatoria http://www.edu.xunta.gal/axudasle e no Portal Educativo 

 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42968 

O contido desta orde e a información complementaria atoparase na páxina web 

http://www.edu.xunta.gal/axudasle

XII Campus de Verán XuvenCiencia

XII Campus de Verán XuvenCiencia, o campamento científico da USC, no que preto de cen estudantes de 3º e 4º da ESO, de BAC e de ciclos medios de FP vivirán unha semana de experiencias inesquecibles.

 

O Campus XuvenCiencia terá lugar do 30 de xuño ao 6 de xullo e o custo da matrícula é de 250€.

 

O prazo de preinscrición ábrese dende o  venres 3 de maio ás 15:30 h ata o 12 de maio.

 

Para mais información entrar na seguinte paxina Web: 

 

https://xuvenciencia.org/campus/gl/informaciongl/

Distribuir contido


by Dr. Radut