IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

redes

Este novo curso 23/24 queremos achegarnos moito máis a vós, para informarvos de todas as actividades e de todo o que acontece no centro.

Para iso, ademais da Web e o Facebook de centro, temos de recente creación unha conta de Instagram @isidropargapondal.

Convidamos a toda a comunidade educativa a seguirnos a través das redes para estar ao día de todos os proxectos, talleres, obradoiros, saídas e actividades que facemos.

Este curso o IES Isidro Parga Pondal recibiu máis solicitudes de prazas de bus no casco urbano que as concedidas polo servizo de Mobilidade da Xunta de Galicia. Comunicouse a Mobilidade esta circunstancia, pero non se conseguiron máis prazas. As paradas en cuestión están no casco urbano e a menos de 2 Km do instituto, polo que non temos dereito a esixir máis prazas, só podemos empregar as vacantes.

Despois de dar moitas voltas intentando atopar a mellor solución, decidiuse asignar as prazas por distancia ao centro e por curso. Tomouse a seguinte decisión:

-O alumnado de 4º da ESO non ten dereito ás paradas de bus máis próximas ao instituto:  R/Luís Calvo e R/Carballo Calero (CEIP Bergantiños).

-Tampouco hai praza para 1 persoa na parada de Librería Villar. Esa persoa é a de maior idade das que a solicitaron, con data de nacemento 13/02/07.

O resto do alumnado ten asignadas as prazas solicitadas, salvo decisión contraria de Mobilidade.

Desde o IES Isidro Parga Pondal pedimos desculpas ás familias afectadas.

Benvidas/os ao curso escolar 2023/24.

O próximo luns día 11 de setembro comezarán as clases. As horas de presentación dos diferentes niveis serán as seguintes:

  • Alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclo Formativo: a presentación será ás 8:30 (farase o horario habitual de clase)
  • ESA: a presentación será ás 18:30
  • Bacharelato de adultos: a presentación será ás 19:30

 

 

"Cando emprendas a túa viaxe a Ítaca
pide que o camiño sexa longo,
cheo de aventuras, cheo de experiencias"
(Constantino Kavafis).

No arquivo adxunto pódese obter información sobre as asignacións aos diferentes grupos e as materias optativas que se van a cursar.

A asignación de materias optativas é o resultado de cadrar as preferencias de cada alumno/a expresadas no formulario de matrícula coas limitacións de medios materiais e humanos do centro, polo que non existe a posibilidade de cambios. Para cualquiera dúbida sobre este asunto, consúltese con xefatura de estudos.

Achégase documento pdf coa listaxe dos libros de texto para o curso 23/24.
Pulse aquí para obter o arquivo en PDF.

O pasado mes de maio o alumnado do centro, dirixido polo departamento de Música, celebrou o festival da V Semana da Música. No seguinte vídeo podes ver o concerto de peche da semana.

Con esta actividade organizada conxuntamente polo equipo de mediación e o departamento de Educación Física, onte o alumnado de 3º da eso e os alumnos axudantes do equipo de mediación disfrutaron dunha xornada de lecer con moito deporte e compañeirismo.


Non se pudo facer a excursión prevista ata a praia de Barizo por mor da choiva, pero disfrutamos igualmente dunha xornada de convivencia con torneos deportivos por equipos e unha andaina polo entorno do centro educativo.


O comportamento de todo o alumnado foi exemplar e pasamos unhas horas moi divertidad cunha convivencia estupenda.
esperamos para o seguinte curso sí poder ir a facer a xornada de deporte na praia.


Agradecementos tamén á dirección do centro pola súa axuda e ás profesoras e profesores acompañantes pola súa colaboración.

Un ano máis, o clube de montaña AMI, ofrecéunos a posibilidade de facer unha actividade con eles no rocódromo de Riazor. Dita actividade ten unha subvención da Diputación da Coruña e permite acercar as actividades de montaña, neste caso a escalada, ós rapaces do noso centro que non a coñecían.


Foron 73 rapaces de 1º da ESO que quedaron moi satisfeitos, logrando algúns facer Top no novo rocódromo que está a uns 16 metros de altura!


Noraboa a tódolos participantes!