IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

No mes de Xaneiro, entre o 21 e o 27, o Departamento de Educación Física realizou unha Semana Branca coma tódolos anos. Este ano fomos á estación de Astún no pirineo aragonés. Na viaxe participaron alumnos dende 2º da ESO ata 1º de BAC. Foron un total de 63 rapaces e rapazas para disfrutar duns días de deporte e convivencia fora da casa. Tivemos moi bo tempo ainda que non moita neve, pero a suficiente para disfrutar de 5 días do placer do esquí. Quedamos moi satisfeitos da viaxe en xeral e pensamos que, a maioría deles,  tamén quedaron con ganas de repetir o próximo ano.

O mellor foi que volvemos sen lesions e iso é moi importante de cara a repetir.

Dende o Departamento estamos moi contentos da aceptación que ten esta viaxe entre os alumn@s.

Aquí deixamos un documento gráfico destes días.

O Departamento de Lingua Castelá, organizou un encontro literario entre Fernando Lalana, escritor de literatura infantil e xuvenil, e o noso alumnado de 1º ESO.

É o autor da novela "La tuneladora", que leu o alumnado este curso académico. O autor contestou ás súas preguntas, algunhas relacionadas coa obra e outras co oficio de escritor e a súa traxectoria profesional. A charla durou unha hora e despois unhas alumnas de 1ªESO E, Adela e Celtia, fixéronlle unha pequena entrevista para a radio.

Agradecer o seu tempo.

Seguindo co Plan Proxecta +, estas dúas semanas tivemos exposto na entrada do instituto 15 cartas de amor, debuxos de artistas da fama como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Jack Mircala, Pirusca entre moitos outros.

Con "Cartas de Amor", a Secretaría Xeral da Igualdade pretende establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, a veces, vai asociada a elas.

#proxecta+ #cartasamor

 

Co gallo da celebración, o 13 de Febreiro, do Día Internacional da Radio, o alumnado do Obradoiro de Radio de 1° da ESO traballou na elaboración dun podcast sobre o entroido que foi emitido no portal www.escolasnasondas.com.

O noso agradecemento a Ponte nas Ondas por darnos a oportunidade de amosar o noso traballo en Galicia e o Norte de Portugal.

Tamén queremos dar as grazas a Lupe Blanco e a Jenni Felpete pola súa colaboración na gravación dunhas regueifas e da muiñeira de Cerqueda para o podcast.

Por último os nosos parabéns ao alumnado participante:

Jorge Amado Bardanca

Adela Baldomir Moreira

Paula Caamaño Lamas

Dafne Cantelar Pena

Nerea Collazo Martínez

Marcos Lamas Angeriz

Yoel Moreira Lorenzo

Carla Picos Espasandín

Celtia Vázquez García

Laura Vilares Souto

 

Podedes escoitar o podcast no noso ivoox:

https://go.ivoox.com/rf/124337008

 

dia radio

Organizado polo departamento de Lingua Castelá, o alumnado de 3ºESO acude hoxe día 1 de marzo, ao teatro Ágora, na cidade de A Coruña para ver a obra de teatro “La vida del Buscón”, que é unha adaptación da obra de Quevedo.
Rexenta Teatro leva vinte anos realizando campañas escolares por todo o país, apoiando aos departamentos de Literatura e Lingua, dos colexios e institutos, na lectura e estudo dos autores clásicos. Colaborou con compañías como Zascandil, *Ítaca e desde 2012 con Factoría Teatro.
Regenta teatro presenta a súa adaptación teatral da vida do Buscón de Francisco de Quevedo, unha novela picaresca que conta as aventuras de Pablo, un raparigo de orixe humilde e dubidosa cun forte desexo de mellorar a súa posición social.
A súa versión do Buscón expón unha competición entre cómicos por ver quen consegue interpretar o maior número de personaxes, do mesmo xeito que o Buscón, quen tamén se disfraza co fin de conseguir diñeiro, comida ou pousada mediante o engano e a burla. O seu gran soño é ser rico, para ser “alguén”, pero na sociedade o Século XVII, ese desexo non ten cabida.

la vida

Hoxe, mércores 28 de febreiro, ás 20.30 h estará o noso compañeiro Xurxo Souto, no Museo de Bergantiños para presentar o seu libro "Somos un pobo de artistas: O método Luísa Villalta", homenaxe á autora do Día das Letras Galegas.
Organiza Concellaría de Bibliotecas

xurxo

Grazas a Escola de Nais e Pais do centro, o luns tivemos a sorte de poder disfrutar dunha estupenda charla levada a cargo por Juan Ramos, psicólogo da asociación ANHIDA, onde se tratou a desmotivavión na adolescencia dunha maneira moi entretida.
Dende o centro, gustaríanos agradecer a todas esas familias que tiveron a inquietude de formarse para mellorar a motivación dos seus fillos e buscar ferramentas prácticas para o seu día a día. Queremos salientar a importancia de formar parte da escola de nais e pais, xa que desde o centro consideramos esencial esta unión familia - escola, para poder potenciar as capacidades intrínsecas do noso alumnado.

imagen

imagen2

imagen3

imagen4

 

Un xurado, formado por membros do Equipo da Biblioteca, decidiu o alumnado premiado no Concurso de cantigas de Entroido.

CATEGORÍA A:

1º premio: NURIA PENA TRIGO. 2º ESO C.

2º premio: SARAI FRANCO ROJO. 2º ESO D.

3º premio: HUGO NEGREIRA GARCÍA. 2º ESO A.

gañadores

 

CATEGORÍA B:

1º premio: DELIA ANTELO SIMÓN. 4º ESO A.

2º premio: CELIA QUEIJO CAMBÓN. 4º ESO A.

3º premio: JULIA GARCÍA VILAR. 4º ESO A.

gañadores

 

Parabéns aos gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou e que demostrou a súa creatividade e enxeño escribindo cantigas relacionadas co Entroido e coplas satíricas sobre personaxes e temas actuais. Podedes ver unha selección das mellores cantigas nun taboleiro na entrada do instituto.

Tedes acceso ás cantigas gañadoradas na montaxe.

 

O instituto IES Isidro Parga Pondal de Carballo participa na rede de centros nacionais de capacitación dixital do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que está financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea - NextGenerationEU.

Pode acceder a estas aulas de capacitación calquera persoa que non estea cursando estudos dentro do sistema educativo e están dirixidas principalmente aos seguintes colectivos:

  • Mulleres.
  • Traballadores de baixa cualificación.
  • Traballadores maiores de 45 años.
  • Traballadores con discapacidade.
  • Persoas pertencentes a fogares monoparentais.
  • Traballadores desempregados.

 

Os contidos son

  • Atopar información e contidos en contornas dixitais.
  • Conectar e colaborar con outras persoas a través de ferramentas dixitais.
  • Interactuar e participar en comunidades e redes.
  • Compartir recursos en Internet empregando as ferramentas apropiadas.
  • Crear contidos dixitais propios.
  • Empregar medios dixitais para a resolución de problemas.
  • Protexer a información e os datos persoais.

 

O horario deste curso será de desde o luns 11 de marzo ata o venres 22 de marzo en horario:

- Luns, martes, xoves e venres de 16:00 a 19:00

- Mércores de 18:00 a 21:00

 

Pode apuntarse chamando aos teléfonos 881 880 371, ou enviando un correo ao enderezo ies.parga.pondal@edu.xunta.gal coa seguinte información:

  • Nome completo.
  • DNI
  • Número de teléfono.

 

Descargar o formulario de matrícula desde aquí