ADMISIÓN DE ALUMNADO – CURSO 2021/2022 (ESO e Bacharelato)
Garantía de permanencia no centro. O alumnado matriculado no centro ten garantida a súa permanencia. Non require un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro. Deberá formalizar a matrícula en tempo e forma (entre o 28 de xuño e o 9 de xullo).
Do 1 de xaneiro ao 8 de febreiro: FASE DE RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRICIÓNS (alumnado que cambia de etapa). Ligazón á información oficial.
Antes do 1 de marzo: PUBLICACIÓN DOS POSTOS ESCOLARES.
Do 1 ao 22 de marzo: PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE ADMISIÓN (alumnado procedente de centros non adscritos). Preferentemente por sede electrónica.
Vacantes e información - Resumo da normativa vixente
23 de abril: PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS.
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS (admitidos e non admitidos)
Os interesados poden consultar as listaxes na aplicación admision alumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda Timbre) ou no propio centro.
Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.(Artigo 32 Orde 12 de marzo de 2013)
.- Actuación no caso de sintomatoloxía fora do IES Fraga do Eume.
.- Actuación no caso de sintomatoloxía no IES Fraga do Eume.
CARTEIS
Carmen que cursa 2º de Bacharelato no IES Fraga do Eume acada o o primeiro premio da XXX Concurso de Contos Vila de Pontedeume.
Esta vez si, despois de conseguir un accésit na edición anterior, o fallo do xurado incorpora a Carmen González Fernández á lista de premiados dun dos concursos literarios con máis tradición na comarca.
O Concello de Pontedeume, que con esta actividade trata de estimular a creación literaria dos estudantes menores de 20 anos, aporta unha dotación económica de 600 euros para o primeiro premio.
“Carmen recollendo o premio de mans do alcalde no salón de actos da Casa Consistorial de Pontedeume”.
CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO.
LIGAZÓN á orde do 6 de novembro de 2020 (código de procedemento ED330E).
Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para mercar material escolar no curso 2020/20.
O prazo para presentar as solicitudes será de diez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG
A biblioteca permanecerá pechada ata o 13 de outubro por mor de que vai ser utilizada para impartir clases.
Vídeo explicativo para o alumnado sobre a configyración da aula virtual para o curso 2020-21.
O alumnado do ensino non obrigatorio que solicitou autorización especial para o uso de transporte escolar do noso centro está todo admitido. Esta autorización está condicionada polas posibles novas matrículas na ESO.
A maiores poderá usar o transporte escolar do IES de Breamo o alumnado do noso centro que a continuación se relaciona:
Inicial 1º apelido |
Inicial 2º apelido |
inicial nome |
A |
A |
G |
D |
P |
A |
M |
C |
S |
H |
P |
B |
P |
B |
M |
R |
R |
I |
R |
R |
L |
R |
R |
M |
Para máis información poñédevos en contacto por vía telefónica co centro.
|
||||||||||||||||||||
BENVIDA AO NOVO CURSO Comeza un novo curso e desde o IES Fraga do Eume queremos darvos a benvida a todos e a todas. Esperamos que a pesar das inquedanzas derivadas da pandemia, este curso veña cargado de proxectos emocionantes e sexa frutífero para toda a comunidade educativa. Queremos que saibades que estamos a traballar para crear un entorno seguro onde poidamos desenvolver a actividade académica con tranquilidade. Para iso necesitamos da vosa complicidade no cumprimento das indicacións dos protocolos Covid que estamos a adaptar para o noso centro seguindo as indicacións da Consellería de Educación e de Sanidade. |
||||||||||||||||||||
DECLARACIÓN RESPONSABLE DE REALIZACIÓN DIARIA DA ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DO COVID-19. Prégase ás familias que descarguen a declaración responsable e a entreguen asinada na conserxería do centro con data limite do 21 de setembro. É IMPRESCINDIBLE TER ENTREGADA A DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA PODER ASISTIR AO CENTRO. |
||||||||||||||||||||
COMEZO DO CURSO |
||||||||||||||||||||
|
AUTORIZACIÓN para a saída nos tempos de lecer do alumnado de bacharelato e FP ciclos (menor de 18 anos). Enlace á autorización
O alumnado menor de idade que curse bacharelato ou FP ciclos e que queira saír nos períodos de lecer debe ter entregada esta autorización no centro. Pódese traer o primeiro día de clase e entregala ao seu titor ou á súa titora.