BENVIDA AO NOVO CURSO - CURSO 2020-21

 BENVIDA AO NOVO CURSO

   Comeza un novo curso e desde o IES Fraga do Eume queremos darvos a benvida a todos e a todas. Esperamos que a pesar das inquedanzas derivadas da pandemia, este curso veña cargado de proxectos emocionantes e  sexa frutífero para toda a comunidade educativa.

  Queremos que saibades que estamos a traballar para crear un entorno seguro onde poidamos desenvolver a actividade académica con tranquilidade. Para iso necesitamos da vosa complicidade no cumprimento das indicacións dos protocolos Covid que estamos a adaptar para o noso centro seguindo as indicacións da Consellería de Educación e de Sanidade.

DECLARACIÓN RESPONSABLE DE REALIZACIÓN DIARIA DENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DO COVID-19.

Prégase ás familias que descarguen a declaración responsable e a entreguen asinada na conserxería do centro con data limite do 21 de setembro.

É IMPRESCINDIBLE TER ENTREGADA A DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA PODER ASISTIR AO CENTRO.

Ligazón á declaración responsable

Ligazón á enquisa de autoavaliación clínica do Covid-19

COMEZO DO CURSO

 

DATA

ENSINANZAS E CURSOS

23 / 09

1º e 2º ESO

1º de BAC

1º de FP de grao medio e 1º de FP de grao superior

24 / 09

3º de ESO

2º de BAC

2º de FP de grao medio e 2º de FP de grao superior

25 / 09

4º de ESO

FP Básica

Horario e aulas de referencias para o día da presentación

AUTORIZACIÓN para a saída nos tempos de lecer do alumnado de bacharelato e FP ciclos (menor de 18 anos). Enlace á autorización

O alumnado menor de idade que curse bacharelato ou FP ciclos e que queira saír nos períodos de lecer debe ter entregada esta autorización no centro. Pódese traer o primeiro día de clase e entregala ao seu titor ou á súa titora.