Skip to Content

Blogue de Secretaría

Premios para as mellores tarxetas do Nadal

Os premiados no 'Concurso de tarxetas para felicitar o ano novo 2024', promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Foz, recibiron os premios nun acto na biblioteca do centro.

Xiana Rei, gañadora do primeiro premio, xunto a Manuela Quinto, Guillermo Lestegás e Fernando León Cosme, estes con tres mencións especiais, recibiron o seu obsequio da man de membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

               

O corte de xamón de castañas, toda unha arte

O alumnado de Hostalería do IES de Foz gozou das habilidades de Manuel Novas como cortador de xamón. Este especialista, que traballa na empresa Coren, deu unha charla ao alumnado sobre a técnica e a mellor maneira de realizar este complicado labor.

                

Ramón Peña dá claves para afrontar diferentes adiccións

O garda civil Ramón Peña acudiu ao IES de Foz para impartir dúas charlas sobre adiccións. O alumnado recibiu a información de maneira amena con diferentes vídeos, fotografías e textos sobre estas dependencias que poden afectar tanto á saúde física como á psíquica.

Os rapaces e rapazas de 3º de ESO recibiron información sobre adiccións ás bebidas enerxéticas mentres que os videoxogos foron o obxecto da charla para 1º de ESO. En ambos casos, se achegou a diferentes situacións ás alumnas e alumnos nas que se poden ver involucrados na vida real.

               

Un bo plan: unha xincana gastronómica por Ribadeo

O alumnado de Servizos de Foz realizou unha xincana gastronómica por Ribadeo. Esta idea permitiulles coñecer numerosos locais de hostalería da localidade así como aos seus propietarios.

O IES de Foz agradece a colaboración dos establecementos que puxeron o seu selo aos participantes e tamén a Susana Álvarez pola organización da actividade e o seu acompañamento.

A iniciativa foi posta en marcha pola aula de emprendemento do IES de Foz.

                

O alumnado de Servizos afonda no tostado de café

As alumnas e os alumnos de Servizos do IES de Foz desprazáronse ata Ribadeo para entrevistar ao propietario de Delicias Roasters, Óscar Lombardero. Este experto encargouse de explicar aos rapaces e rapazas o proceso de tostado de café e como, co paso dos anos, se foi diversificando o negocio da cafetería.

Ademais, ofreceu una cata de café e unha pequena lección de latte art, que vén a ser a arte de debuxar nas tazas de café para a persoas que acoden a un establecemento de hostalería.

A iniciativa foi promovida pola aula de emprendemento do IES de Foz.

               

Héctor Méndez charla co alumnado de 3º de ESO sobre a violencia contra a muller

O garda civil da Comandancia de Lugo, Héctor Méndez Fernández, acudiu a unha charla no IES de Foz sobre a violencia contra a muller. O alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de ver unha realidade presente na nosa sociedade, unha lacra que debemos combatir entre todos.

Méndez, que é un dos responsables do Plan Director, compartiu coas rapazas e os rapaces moita información sobre un feito que ten presenza no debate social dende hai relativamente pouco tempo.

                 

Raúl Robles, un alumno de prácticas en Munich

O alumno do IES de Foz, Raúl Robles, do Ciclo Superior de Cociña, leva dende o pasado mes de setembro facendo prácticas en Munich, en Alemaña, grazas ao programa Erasmus+.

Robles está vivindo unha experiencia moi enriquecedora nun hotel da cadea Eurostars da cidade alemá.

                

O IES de Foz acode a Innovatech FP

Un grupo de alumnas e alumnos de Formación Profesional do Instituto de Foz participaron na xornada de presentación de Innovatech FP. O equipo que acudiu á cita coordínase dende a aula de emprendemento.

Os rapaces e as rapazas que participaron na cita darán resposta ao reto proposto pola empresa Diesemm Events sobre turismo deportivo.

            

 

Dende a biblioteca propoñen...

Hecho con Padlet

Dous alumnos de Cociña de Foz, de prácticas en Praga

Dous alumnos do ciclo superior de Dirección de Cociña do IES de Foz, Brandon Ticona e Laura López, están realizando prácticas en Praga dende o pasado 1 de outubro. O establecemento no que están traballando é o hotel Eurostars Thalia da cadea hoteleira Hotusa.

Esta actividade está encadrada dentro do programa Erasmus+ polo que seis alumnos se beneficiarán dunha estadía de prácticas en Europa.

                                              

Distribuir contido


by Dr. Radut