Dous alumnos do ciclo superior de Dirección de Cociña do IES de Foz, Brandon Ticona e Laura López, están realizando prácticas en Praga dende o pasado 1 de outubro. O establecemento no que están traballando é o hotel Eurostars Thalia da cadea hoteleira Hotusa.
Esta actividade está encadrada dentro do programa Erasmus+ polo que seis alumnos se beneficiarán dunha estadía de prácticas en Europa.