Agregador de novas
A Escola de Cantería cede dúas esculturas ao concello de Lalín
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e o alcalde de Lalín, José Crespo, visitaron hoxe as dúas pezas de cantería realizadas polos alumnos da Escola de Cantería de Poio e cedidas ao Concello de Lalín.
As esculturas son un Santiago Peregrino, colocado nunha zona de paso dun dos Camiños de Santiago que cruza Lalín, concretamente na praza do Camiño de Inverno, e un pequeno porquiño, icona da cultura popular do Deza, situado nas inmediacións da praza de Abastos. Ambas as dúas pezas son mostra do potencial do oficio de cantería en Galicia, un dos máis antigos e representativos, no que é preciso garantir o relevo xeracional.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Román Rodríguez coñece os proxectos de CETIM aos que a Xunta apoia con máis de 8M€
Summary:
O conselleiro de Ciencia visita as instalacións deste centro tecnolóxico multisectorial para coñecer as iniciativas nas que traballan
O Goberno galego ven colaborando coas súas iniciativas de investigación e ampliación de capacidades
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitou hoxe o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM) para coñecer as súas instalacións e os numerosos proxectos nos que traballan co obxectivo de crear valor económico e social a través do coñecemento, a ciencia e as tecnoloxías.
En concreto, o representante da Xunta de Galicia coñeceu, da man do director xeral de CETIM, Toni Pons, o futuro Centro de Excelencia para a Competitividade en Economía Circular ou o proxecto Circular Excellence CETIM, iniciativa esta última apoiada pola Consellería a través da dotación de equipamento avanzado cun investimento de 1M€.
Tamén se presentaron outros proxectos nos que está somerxido CETIM como H2 verde, co que se busca producir e almacenar hidróxeno verde a partir do desenvolvemento de materiais sustentables que melloran os procesos actuais a niveis económico e medioambiental, ou Dickens, que se focaliza na creación de biocompostos a través de fontes naturais como aceites vexetais, a través do que se poden conseguir produtos sostibles para o sector do plástico (fabricación aditiva, pezas compostas) ou para a construción. Púxose en valor tamén o proxecto 0Accidntes, co que se investigan tecnoloxías dixitais para reducir a tasa de accidentes laborais en construción.
O titular de Ciencia afirmou que o “traballo que desenvolve este centro tecnolóxico é unha mostra clara do gran crecemento de Galicia no campo da innovación”, comprometido co impulso dos centros tecnolóxicos de Galicia debido a que son “elementos fundamentais para converter a nosa Comunidade nun referente no eido da innovación, sustentabilidade e colaboración público-privada”.
Apoio do Goberno galego
A través do apoio económico do Goberno galego, que desde a creación do centro leva investido directamente máis de 8M€, CETIM dispón de varias unidades mixtas de investigación, entre as que destaca o desenvolvemento de Volta. Cun orzamento de máis de 2M€, este proxecto ten por obxectivo obter baterías cunha alta densidade enerxética, sustentables e con longa vida útil baseadas no elemento químico silicio para o seu uso en mobilidade eléctrica. “Este e todos os proxectos das unidades mixtas de investigación facilitan a vida das persoas, e conscientes diso, levamos apoiado desde 2014 un total de 55 unidades coa participación de 39 empresas e 14 centros de coñecemento, o que supuxo a mobilización de 155M€”, remarcou Román Rodríguez.
Ademais, a Xunta de Galicia colabora con outros proxectos de CETIM a través da iniciativa Fábrica Intelixente e Sustentable 2024, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, que favorece a innovación galega e a xeración de emprego. Para que esta entidade continúe crecendo e consolidándose como un centro punteiro, o departamento de Ciencia aporta o 50% ao fortalecemento e ampliación das capacidades deste centro, que conta cun orzamento de 888.753 euros ata 2026, cofinanciado pola Unión Europa no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. Así mesmo, tamén se traballa en conxunto para a consolidación e estruturación dos centros tecnolóxicos achegando un financiamento basal.
Outros proxectos
Actualmente, CETIM conta con 90 traballadores e ten unha facturación de 6,33M€. Dentro do seu carácter multisectorial e as súas áreas de traballo, nas que se inclúen os novos materiais, as biotecnoloxías ou a industria dixital, o centro tecnolóxico está a desenvolver uns 60 proxectos e conta con 280 clientes.
Entre eles, atópase a investigación de nanopartículas de celulosa para crear con elas produtos industriais, a conformación de sistemas intelixentes capaces de xestionar obras ou o traballo centrado na procura de solucións innovadoras para loitar contra a deforestación a través dos fungos e os tecnosolos (chans artificiais).
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A Xunta confía en captar novos investimentos europeos para que o CESGA reforce o liderado de Galicia na investigación cuántica
Summary:
O conselleiro de Ciencia preside o pleno da Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas, que acorda a elaboración dun mapa de capacidades das tecnoloxías cuánticas en Galicia
Idioma GallegoA Xunta confía en captar novos investimentos europeos para o CESGA e reforzar así o liderado de Galicia na investigación cuántica. Así o expuxo o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, esta mañá durante o pleno da Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas.
Román Rodríguez, acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, sinalou que estas tecnoloxías son “unha prioridade para Galicia, dado que a súa aplicación permitirá descubrir novos medicamentos, deseñar novos materiais, optimizar os procesos de produción ou mellorar a eficiencia enerxética, entre outros usos”. O titular de Ciencia convidou a todos os membros da rede a seguir colaborando para aproveitar as grandes capacidades de Galicia neste ámbito e xerar sinerxias.
De feito, Galicia é “un territorio pioneiro en materia cuántica” -apuntou Román Rodríguez- que conta con infraestruturas de gran relevancia como o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) ou o Vigo Quantum Communication Center, dependente da Universidade de Vigo, e un tecido empresarial “que entendeu o potencial innovador e transversal desta tecnoloxía para o seu crecemento”.
O conselleiro agradeceu o compromiso de todos os membros da rede -universidades, centros tecnolóxicos e de investigación, sector empresarial e Administración- “para avanzar na xeración de oportunidades para a investigación e o traballo en tecnoloxías cuánticas”, que sitúe a Galicia como referente nestas tecnoloxías para atraer talento, investimento e oportunidades para a nosa industria.
Novos membros da rede
Na xuntanza desta mañá deuse a benvida a dous novos membros da rede, os centros tecnolóxicos Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), sumando actualmente 15 membros. Asemade, constituíronse dous comités executivos coa misión de acadar obxectivos concretos e desenvolver accións estratéxicas a medio e longo prazo, centrados en hardware e software cuántico (liderado polo centro tecnolóxico Gradiant) e nas aplicacións das tecnoloxías cuánticas (liderado polo hub de innovación dixital DIHGIGAL) e informouse das próximas actuacións. Entre elas, destaca a elaboración dun mapa de capacidades e da cadea de valor das tecnoloxías cuánticas en Galicia.
A creación desta rede inscríbese no impulso da nosa Comunidade ás tecnoloxías cuánticas a través do lanzamento do Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia no ano 2022 coa misión de converter a Galicia nun referente europeo destas tecnoloxías no horizonte do ano 2030.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A Xunta inicia os traballos para modificar o Decreto de ensinanzas universitarias co fin de afianzar unha oferta innovadora e adaptada á demanda social
Summary:
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, reuniuse cos vicerreitores de Titulacións das tres universidades públicas galegas na primeira sesión de traballo ao respecto
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, acompañado polo secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, mantivo hoxe unha reunión cos vicerreitores de Titulacións das tres universidades públicas galegas para iniciar os traballos de modificación do Decreto que regula as ensinanzas universitarias oficiais en Galicia, que data de 2011, co fin de adaptalo ao actual contexto nesta materia.
Con esta primeira xuntanza de traballo, o Goberno galego dá cumprimento ao acordo parlamentario onde se instaba á Xunta a revisar o mencionado decreto 222/2011. Así pois, a través deste grupo de traballo entre a Consellería de Educación e as tres universidades públicas galegas vaise implementar a actualización desta normativa co obxectivo de seguir impulsando unha oferta formativa universitaria innovadora, adaptada á demanda social e ao contexto nacional e internacional, así como ao marco xurídico actual.
Por parte das universidades participaron na xuntanza os vicerreitores de Titulacións María José López pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), Moisés Canle pola Universidade da Coruña (UDC) e Alfonso Lago pola Universidade de Vigo (UVigo).
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A Xunta investirá máis de 400.000€ en obras de mellora en tres centros educativos en Noia durante este verán
Summary:
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, pecha co alcalde da localidade a planificación dos traballos, a meirande parte dos cales se van a iniciar de inmediato
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, vén de pechar co alcalde de Noia, Santiago Freire, un conxunto de actuacións de mellora en tres centros educativos da localidade, por un importe que superará os 400.000 euros, tal e como abordaron nunha reunión de traballo esta mañá na que tamén participou o secretario xeral técnico da Consellería, Manuel Vila.
Segundo a planificación acordada, a meirande parte das obras vanse realizar xa de xeito inmediato e atinxen ao Colexio CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso e aos institutos IES Virxe do Mar e Campo de San Alberto.
No caso do Colexio Rodríguez Cadarso, a Xunta vai iniciar en breve a reforma da cuberta do patio de Infantil por un importe de 30.000 euros, a renovación da instalación eléctrica (24.000 euros) e da rede de pluviais (5.000 euros). A maiores, neste centro tamén se planificou a substitución das ventás, unha obra que se levará a cabo máis adiante.
No Instituto IES Virxe do Mar este verán vaise proceder ao revestimento da fachada, que absorbe un orzamento de 42.600 euros, e á adecuación de novos espazos aproveitando a casa do conserxe, con 6.000 euros de investimento.
Finalmente, no Instituto IES Campo de San Alberto, nestes momentos a Consellería está redactando o proxecto para a renovación da cuberta, cun orzamento estimado de 300.000 euros. A isto súmase a obra recen feita de dotación de sistemas fotovoltaicos por un importe de 25.000 euros.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Román Rodríguez entrega os diplomas aos participantes dos obradoiros formativos da Orquestra Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, entregou os diplomas formativos aos participantes dos obradoiros da Orquestra Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Estes obradoiros, que supoñen a creación da primeira banda entre ambos os países, teñen como obxectivo crear música e fortalecer os lazos entre a cultura galega e a portuguesa, ademais de fomentar a inclusión e a cohesión territorial.
A xornada forma parte do IKFEM Festival, que promove a cooperación entre 26 concellos galegos e portugueses, e inclúe na súa programación as actuacións de Salvador Sobral e Marco Mezquida. Durante a visita, o titular de Educación e Ciencia da Xunta destacou a importancia de promover a identidade común dos pobos galego e portugués, nunha perspectiva xeral de integración do mundo lusófono.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Actuacións para o impulso das vocacións científico-tecnolóxicas no 1º trimestre do 2023.
O Plan DigiTalent continúa a fomentar as vocacións STEAM na infancia e a adolescencia, impulsando o talento galego dende idades temperás coas seguintes actividades planificadas de xaneiro a marzo do 2023:
Obradoiro “Identidade Dixital e Xestión Segura das Redes Sociais”.
Co obxecto de impulsar a importancia da ciberseguridade e do uso responsable dos dispositivos e as tecnoloxías desde idades temperás, preséntase o obradoiro “Identidade Dixital e Xestión Segura das Redes Sociais”.
Nova funcionalidade na app do profesorado abalarPro: Inserción de faltas
A aplicación móbil abalarPro, dispoñible para o profesorado galego dos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos, dispón dunha nova funcionalidade: a inserción de faltas.
O II Encontro ciber.gal acolle actividades específicas para a comunidade educativa
O Encontro é promovido e organizado polo Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, unha aposta da Xunta de Galicia, a través da Axencia
Boas prácticas de seguridade para a xestión de documentación (papel) nos centros públicos educativos
Malia que cada día se tende máis á dixitalización da información, aínda é frecuente nos centros educativos traballar con documentos que conteñen datos persoais.
Novo curso de formación gratuíto para docentes e educadores sobre “Educar en privacidade e seguridade dixital”
A formación ofrecerá ao profesorado participante un coñecemento xeral da rede e das tecnoloxías que empregan os menores, así como pautas para axudar ao seu alumnado a facer un uso seguro e responsable da rede.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9