22 de Novembro: Día da Patroa das Músicas e dos Músicos

 

O día 22 de Novembro celebrouse no IES Cosme López o Día da Música, organizado polo Departamento de Música e a Biblioteca, co seguinte programa:

- 10:10h. Concerto a cargo de alumnado voluntario de 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO e 2º BAC.

- 12:30h. Conferencia de Miguel Franqueiro Becerra, Músico (tubista) da orquestra Teatro alla Scala de Milán e Director da Banda de Música de Sober, para alumnado de 4º ESO.

 

Convocatoria de Folga Estudantil o 12 de Novembro de 2024

Folga 12 Novembro

O centro ten coñecemento da convocatoria dunha folga de estudantes a partir de 3º da ESO, Bacharelato e FP para o día 12 de Novembro do 2024 durante toda a xornada lectiva. A organización convocante é a Confederación Estatal de Asociaciones de Estudiantes "Sindicato de Estudiantes", e o motivo da folga: “Manifestar o noso apoio ás familias traballadoras e á mocidade de Valencia e para esixir xustiza e reparación.

Saída Castro de San Cibrao de Las e Santa Cruz de Arrabaldo

Castro de Las

 

O alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Cosme López Rodríguez realizou unha saída didáctica a San Cibrao de Las e Santa Cruz de Arrabaldo, organizada pola Deputación de Ourense, no marco do programa Coñece Ourense, destinado a alumnado de centros educativos, co fin de que coñezan distintos lugares de interese da provincia.

A actividade, que fora adiada debido ás condicións metereolóxicas, resultou finalmente un éxito, tanto no seu aspecto educativo como lúdico.

 

Aquí se amosa unha mostra da saída. Para ver todas as imaxes preme aquí.

Convocatoria de Folga Estudantil o 11 de Outubro de 2024

Folga 11 Outubro

O centro ten coñecemento da convocatoria dunha folga de estudantes a partir de 3º da ESO, Bacharelato e FP para o día 11 de outubro do 2024 durante toda a xornada lectiva. A organización convocante é a Confederación Estatal de Asociaciones de Estudiantes "Sindicato de Estudiantes", e o motivo da folga: “Esixir a publicación do modelo de examen da PAU e amosar o rexeitamento á brutalidade policial que sufriron os nosos compañeiros e compañeiras de Murcia por manifestarse pacíficamente por esta mesma reivindicación.

Distribuir contido