Hora de Ler

Hora de Ler... a Verne

         Verne

          Por que? Porque os días 7-8-9 de febreiro celébrase a nivel mundial o "Día de Ler a Verne" coincidindo coa súa data de nacemento (Nantes, 8 de febreiro de 1828).

          Por que nós? Porque Vigo é unha cidade moi verniana xa que aquí chegou o Nautilus, o submarino do capitán Nemo o 18 de febreiro de 1868, na súa novela Vinte mil leguas baixo dos mares e porque tamén Verne viaxou, en dúas ocasións, á nosa cidade.

          Así que podes ler hoxe, na Hora de Ler, o capítulo  A baía de Vigo da súa novela citada.

          Tamén podes ver ilustracións e traballos diversos feitos polo alumnado do instituto no curso 2017/2018, no proxecto "Viaxando con Verne", así como ler o resto da novela resumida.

          Boa travesía nesta Hora de Ler!

Distribuir contido