Actividades (BiXe)

Xornada de degustación de froitas exóticas

O martes vinte do pasado mes de outubro, realizouse, coma os últimos tres anos, unha xornada de “Degustación de Froitas Exóticas”. Durante os dous recreos do día, os alumnos e personal do centro poideron degustar feixoas, guaiabas, fresas e outras froitas. As froitas foron doados, nunha cantidade certamente xenerosa que agradecemos,  pola Estación Fitopatolóxica de Areeiro dependente da Deputación Provincial.  

Facendo iogures ...

Os alumnos de 1º de ESO estiveron a facer iogures para estudiar as bacterias. Hainos de tódolos sabores e cores e están riquísimos ...

Concurso solidario - Reciclaxe de tapóns e plásticos

Durante o primeiro trimestre do curso 2014-15, en todas as clases do IES CASTELAO, levóuse a cabo unha recollida encamiñada a conseguir unha gran cantidade de tapóns que foron doados para axudar a Alex ("Facebook: Ayúdanos a caminar").

Visita dos alumnos de 3º e 4º da ESO (PDC) ao Mercado do Calvario

En grupos de catro alumnos, acompañados polos profesores  de Bioloxía Julio Astor e Pablo Samartín, os  alumnos de 3º da ESO e 4º (PDC) fixeron unha visita de traballo ao Mercado ou praza de abastos do Calvario.

Átomos e moléculas

Clica sobre a imaxe para acceder á galería

No vestíbulo do centro amósanse algúns dos traballos con átomos e moléculas que fixemos en 1º da ESO A, B, e C para que comprendan a estrutura da materia e que está formada por partículas en movemento e relacionen estas coa enerxía, ademáis de aprender as partículas que compoñen os átomos.

Na aula fixemos actividades nas que os alumnos se movían formando átomos, moléculas e simulando cambios de estado. Tamén moveron eles as bolas que fixeron simulando o movemento dos electróns.

 

Deformacións plásticas (dobras) e ríxidas (faias)

Clica na imaxe para acceder á galería

No vestíbulo do centro están expostos traballos de 4º eso A e B para ver a diferenza entre as deformacións plásticas (dobras) e ríxidas (faias) ás que están sometidas as rochas. Con isto aprenden as súas partes e adquiren visión espacial á hora de analizar cortes xeolóxicos como os que se observan nas estradas ó facer un túnel.

 

 

 

Mónica Vaz Veiga

(Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía)

Exposición: Sistema Solar

Mónica Vaz Veiga, profesora de Bioloxía e Xeoloxía,  coordinou esta exposición producida polos alumnos de 1º ESO A, 1º ESO B e 1º ESO C. Pedíuselles que utilizaran materiais que atoparan na casa para realizalos a fin de promover a reciclaxe e de que non existiran custos económicos ou estes foran os mínimos. Insistiuse especialmente en que non tiñan necesidade de comprar nada para realizar os seus proxectos. Pedíuselles a realización dun esquema previo na casa do que querían facer, para que usaran a súa imaxinación e orixinalidade no emprego de materiais cotiáns  e no desino dos planetarios.

Distribuir contido