LEONARD COHEN (1934 - 2016)

          O escritor e cantante canadense vivía actualmente en Os Ánxeles, onde publicou o seu derradeiro disco, You want it darker, que presentou hai tan só un mes, o 13 de outubro.

          Desenvolveu unha longa carreira de máis de seis décadas como escritor, sobre todo poeta, e logo músico, na que foi gañando seguidores. Recibiu como recoñecemento o Premio Príncipe de Asturias das Letras na súa 31ª edición; do importe do premio fixo doazón á Universidade de Oviedo para a creación dunha cátedra concibida como "un lugar de encontro entre a poesía e a música, entre os creadores e o seu público, entre a arte e a sociedade".

          Queda para sempre a súa voz característica e a mensaxe que quixo transmitir en obras inesquecibles como Suzanne, Hallellujah, So long, Marianne, Bird on the wire, Dance me to the end of love...