Visita a Santiago


O martes 15 de marzo o alumnado de 2º Bacharelato grupo D, que cursa as materias de Historia da Arte e Xeografía e Historia de Galicia fixo unha visita de todo o día a Santiago.
Acompañado polos profesores destas materias, Pastora García Docampo e Antonio Giráldez Lomba, respectivamente, así coma por guías da Universidade, da catedral e do Museo Pedagóxico de Santiago, aproveitaron para coñecer a historia da universidade desta cidade a través dos dous edificios máis antigos desta institución (o Pazo de Fonseca e a vella Facultade de Letras, hoxe, Facultade de Historia), a catedral (tanto dende as cubertas da mesma, coma dende o seu interior, as portadas e as prazas do seu arredor), o rueiro do burgo medieval e os cambios que se produciron nas escolas ó longo dos séculos XIX e XX no Museo Pedagóxico de Galicia.