V Xincana na Biblioteca

         

V  XINCANA NA BIBLIOTECA

 

           Os días 3 e 4 de xuño desenvolvemos cos tres grupos de 1º da ESO a xa tradicional Xincana na Biblioteca, durante a cal os rapaces teñen que salvar obstáculos e vencer dificultades de tipo lingüístico ou literario, sobre todo, facer busca de datos, resolver algún xogo... coa axuda dos elementos de que unha biblioteca pode dispoñer: dicionarios, libros de lectura, revistas, ordenadores...

          Deste xeito van solucionando probas agrupados en equipos de cinco ou seis alumnos. Gaña o máis veloz, o equipo que remata antes todas as probas ou ben aquel equipo que resolve o maior número delas no tempo establecido.

 

          Podedes ver as fotos dos rapaces en acción, á busca da valiosa información que os colocase en cabeza da proba. Tamén podedes ver como os gañadores de cada grupo pousan satisfeitos cos diplomas acreditativos de teren sido os que o conseguiron.

 

 

          Só falta por saber cal dos tres equipos será o campión absoluto, na

gran final

que se desenvolverá o próximo xoves día 18 de xuño.

 

          Parabéns a todos os participantes!!