Lecturas adaptadas 1º ESO

    O día 21 de abril un bo feixe de alumnos de 1º da ESO participaron na lectura dramatizada de versións adaptadas dalgúns capítulos do  Quixote. Tal actividade inseriuse na celebración que realizamos ao longo de toda a semana no instituto con motivo do IV Centenario da publicación da II parte do Quixote, en 1615.

    O público asistente, de 1º de ESO nunha sesión, e de 2º de ESO na realizada o día 22 de abril, puido tomar así contacto directo, quizais por primeira vez, co clásico das nosas letras. Volverano atopar en sucesivas ocasións ao longo da súa vida académica.

     Oxalá este primeiro encontro lles resultase ameno e prometedor!