En compañía del "Quijote" con D. Jacinto Barreiro

 O martes 21 de abril tivemos a sorte de que Jacinto Barreiro, que foi durante trinta anos profesor no IES Castelao, compartise con nós unha mínima parte do seu fondo coñecemento e cariño pola obra á que lle estamos dedicando estes días especial atención: o Quixote. Presentóunola como un clásico que é o seu libro de cabeceira, por razóns que sobradamente xustificou, e fíxonos unha emotiva, renovadora, limpa, aberta e esclarecedora primeira aproximación. Só o inevitable transcorrer do tempo impediunos seguir escoitando as súas sabias e amenas palabras sobre esta imperecedoira historia de amizade que nos achegou ben preto deixándonos con ganas de lela ou relela.