Ao teatro!

            O pasado xoves 30 de abril o alumnado de 1º e 2º da ESO e tamén o do PDC (3º e 4º) puido asistir á representación, no teatro-cine Salesianos, dunha selección de escenas dramatizadas da inmortal obra cervantina.

          Neste ano 2015 celebramos con varias actividades no instituto o centenario da publicación do segundo Quixote, isto é, da súa segunda parte, alá no 1615. Con tal motivo, por primeira vez acudimos con alumnado do primeiro ciclo da ESO a unha representación teatral. A experiencia resultou altamente positiva, dada a calidade da adaptación  -na medida en que iso é posible-  da obra de que se trataba e o público implicado.

          Probablemente o éxito estivo directamente relacionado co feito de que a maioría dos alumnos xa tomaran contacto previamente coa obra, mesmo a través da lectura dramatizada  (e pública) que eles mesmos fixeran.

 

 

AdxuntoTamaño
Tríptico IV Lecturas Clásicas IV Centenario Quijote.pdf935.89 KB