É tradición en todo o mundo dedicar un día para honrar a figura da nai. En España faise nesta data desde 1965. Para celebrala, traemos aquí algúns textos, de tantos que se poden atopar, nos que se amosa desde diversas perspectivas a especial relación materno-filial ou viceversa.
Se xa che pasou a idade do colar de macarróns ou non podes gastar cartos, as palabras son sempre un bo regalo. Se non che saen unhas propias, podes valerte dalgunhas das xa pronunciadas. E se non tes a quen regalarllas, se cadra ler algunhas poida reconfortarte. Non deixes de facelo ou de buscar outras, que hai moitas.
Na entrada do instituto podes ler:
La madre de Dámaso Alonso
A casupa de Xosé Neira Vilas
El dolor eterno de Gabriela Mistral
La medida de mi madre e No necesito un hijo que me quiera de Begoña Abad de la Parte
Canción tonta e Si tu madre quiere un rey (partitura incluída) de Federico García Lorca
Nai de Celso Emilio Ferreiro