Visita a Santiago e A Coruña con 1º de bacharelato A e B

     Corenta e cinco alumnos de 1º de Bacharelato (grupos A e B) participaron o xoves 26 de marzo cos departamentos de Lingua Castelá e Literatura e de Xeografía e Historia nunha actividade complementaria consistente nunha visita a Santiago e A Coruña.

     Saímos de diante do instituto ás 8:30 da mañán e este foi o itinerario que se percorreu:


10:30 h: visita á Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán e Real Academia Galega (A Coruña).
12:30 h: visita da exposición “O primeiro Picasso” no Museo de Belas Artes (A Coruña)
15:00-17:00: tempo libre en Santiago no centro comercial “As Cancelas”.
17:30: exposición “O berce do libro. Incunables da colección Abanca” e arquitectura da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).


     Regreso a Vigo, con chegada ao instituto ao redor das 20:30.