Pica aquí ou na imaxe para acceder á galería
O mércores 18 de marzo, o alumnado de música de 1º Bacharelao, 3º ESO B e C fomos escoitar un concerto didáctico ao Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Tocou a Real Filharmonía de Galicia, una orquestra con instrumentos das familias de corda, vento e percusión.
No concerto tocaron dúas obras de Franz Schubert (1797-1828), compositor romántico austríaco, que nos gustaron moito porque foron animadas e ademais o director explicou curiosidades e características musicais para que estivesemos atentos e para aprender máis sobre a orquestra.
Na segunda parte do concerto escoitamos o “Concerto para tuba en Fa menor” de Vaughan Williams (1872-1958), un compositor inglés pouco coñecido e que foi o primeiro compositor en escribir un concerto para tuba como instrumento solista. O concerto para tuba tiña tres movementos e o solista era un mozo novo polo que nos chamou a atención ver o ben que tocaba. O último movemento de velocidade rápida estivo moi ben para rematar o concerto onde escoitamos unha orquestra sinfónica en directo e aprendimos máis cousas sobre a música estudada na clase.