O mércores 25 de febreiro 180 alumnos de 3º de ESO e 1º de bacharelato, acompañados de non poucos profes, tivemos ocasión de asistir no teatro-cine Salesianos á representación dunha interesante adaptación desta comedia de enredo dun dos máximos dramaturgos da época dourada das letras españolas.
Ao remate da representación, seguida por todos con interese e atención, desenvolveuse un fluído coloquio que só se viu interrompido cando outras obrigas académicas nos fixeron coller camiño de volta ao instituto. Pero pagou a pena "viaxar" ata o teatro (aínda que fose a pé) e ata o século XVII da man dos versos de Calderón, non si?
Se alguén quere recordar o argumento da obra ou calquera outra información, pode consultar a páxina da compañía.