Tempestades de Ricardo Frazer

     O mércores 17 de decembro todo o alumnado de 4º de ESO e mais de 2º de bacharelato do noso centro asistiu no salón de actos da Escola Oficial de Idiomas á representación do espectáculo teatral “TEMPESTADES” da compañía de Ricardo FRAZER.

     O actor dramatiza unha selección de textos literarios. As obras nas que se basea a representación, cun fondo musical adaptado a cada unha, son estas: comeza co poema ¡Qué lástima! de León Felipe e logo inclúe fragmentos de distintas pezas teatrais –Calígula de Camus, Hamlet de Shakespeare, La vida es sueño de Calderón, Peer Gynt de Ibsen e El gran dios Brown de O ́Neill- para rematar cun poema pertencente a España en el corazón de Pablo Neruda.


     Ricardo Frazer pretende achegar directamente á mocidade ao feito literario e que conecten persoal e intimamente co que a literatura pode transmitir. É unha forma de achegamento nova para eles ao texto literario. Conseguiríao?