Ensinanzas:

A oferta educativa do noso centro abrangue as seguintes ensinanzas:

  • Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)

Esta etapa educativa está distribuída en catro cursos académicos e nela está implementado o proxecto E-Dixgal. 

  • Bacharelato

A etapa de Bacharelato comprende dous cursos académicos e ofértase en réxime ordinario nas seguintes modalidades:

         - Ciencias e Tecnoloxía

         - Humanidades  e Ciencias Sociais

  •  ESA (Educación Secundaria para persoas Adultas)

Para cursar estes estudos no réxime de adultos hai que ser maior de idade ou ter 16 anos e un contrato de traballo.

A nova lei tamén fala da posibilidade de, excepcionalmente, autorizar para matricularse no réxime de persoas adultas a alumnado maiores de 16 anos en circunstancias que lles impidan acudir normalmente ao centro polas mañás (debidamente acreditado) e a aqueles que non estiveran matriculados no sistema educativo español con anterioridade.

        - Módulo 3 (equivalente 3º ESO), os 18 anos poden cumprirse ata o 31 de decembro.

        - Módulo 4 (equivalente a 4º da ESO) poderanse matricular se cumpren 18 ata finais de abril. Neste caso a matrícula pode facerse a comezos de ano. Se se cumpren as condicións, é posible facer un traslado de expediente nesa altura para adultos.

  •  Bacharelato para persoas Adultas

 O alumnado maior de 18 anos pode cursar este Bacharelato que conta coas mesmas modalidades ca o de diúrno: 

        - Ciencias e Tecnoloxía

        - Humanidades  e Ciencias Sociais

A matrícula está aberta tanto para facer curso completo como para matricularse de materias soltas.


En adultos é posible simultanear 1º e 2º nun curso ponte a aquel alumnado que teña varias materias de 1º e non queira repetir o curso. Isto quere dicir que poden facer esas materias de 1º e matricularse simultaneamente dalgunhas materias de 2º.