PRAZOS DE RESERVA, ADMISIÓN ORDINARIA E MATRÍCULA PARA CENTROS ADSCRITOS
A partir do 15 de xaneiro comezan os prazos para solicitar admisión en centros de ensino públicos. Os prazos para a formalización da reserva, admisión ordinaria e matrícula, marcados por lei no Decreto 13/2022 de 3 de febreiro, desenvolvido na Orde do 21 de outubro de 2022 son os que aquí se indican. En todo caso, para calquera consulta sobre o procedemento (datas, documentación necesaria, listaxes, etc.) poden acudir ao portal da Consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades e á aplicación de admisión.
ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS
Inicio do proceso: Fases do procedemento
Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro:
Lugar de presentación: na secretaría dos centros onde se atopa matriculado neste curso ou na Sede electrónica da Consellería de educación vía on line.
Antes do 1 de marzo: asignación de prazas e publicación de prazas vacantes nos centros de secundaria.