No sorteo que tivo lugar o luns 20 de marzo, xa rematado o segundo trimestre, entre os lectores da biblioteca que devolven en tempo os libros prestados, resultou afortunada co vale de 25 € para libros a alumna de 1º ESO-C Daniela López García.
Recibe contenta o agasallo á súa constancia e disciplina como lectora de mans da nosa vicedirectora Silvia.
A seguir lendo!