Comezamos este curso 2022/2023 coa triste nova do falecemento de Javier Marías, con tan só 70 anos.
Novelista, editor, tradutor e articulista, deixa un longo ronsel de obras: dezaseis novelas e case mil artigos periodísticos, entre outros traballos, nos que ás veces con moito humor criticou a vida española en distintos ámbitos. Creou o seu propio Reino (Redonda) para dar cabida ás súas inquedanzas literarias e ao longo de cincuenta anos sempre se mantivo fiel a un estilo característico, envolvente, engaiolante e imposible de imitar. O seu nome, dos máis relevantes entre os escritores europeos, levaba anos soando entre os candidatos ao Nobel.