Obradoiro igualdade e prevención violencia xénero

     O 10 de maio o alumnado de 3º da ESO  participou nun obradoiro teatral do PROGRAMA PROMULLER para promover  a igualdade efectiva entre mozas e mozos.

     Partimos do teatro como ferramenta de transformación social para enfrontar de forma eficaz e creativa os retos e momentos de cambio. Estas técnicas de teatro son un extraordinario recurso educativo porque integran a dimensión emocional e vivencial, contribúen á resolución de conflitos, motivan á acción e promoven cambios e actitudes responsables.
     Ademais o teatro conta con dinámicas que facilitan o desenvolvemento de habilidades na xestión e mediación de conflitos: escoita activa, comunicación fluída, uso preciso da palabra, análise de expectativas e promoción de interdependencias positivas… entre outras.

Álbum: Curso 2018/2019 -> Obradoiro igualdade e prevención violencia xénero