Concurso ex libris

          Despois dun intenso proceso creativo trala lectura dalgunha obra do autor, un bo fato de rapaces, sempre animados e orientados pola profesora de Plástica, presentaron a concurso a súa proposta para ex libris da nosa biblioteca, que leva a partir deste curso o nome de Ramiro Fonte, en recordo do escritor que foi profesor deste centro.

          Seguindo as bases establecidas na convocatoria -aínda que logo dunha pequena prórroga no prazo de presentación de traballos- o xurado emitiu o seu veredicto.

          Resultou gañadora a alumna de 4º A Miriam Núñez Pérez polo seu traballo baseado no motivo dunha rosa; a seguinte máis votada foi Antía Martínez Gregores e empatadas a votos quedaron Blanca Fernández Navarro, de 1º Bac-D, Leire Torres Lemos, de 4º B, e Ana Xu Hong, de 4º A, cos seus respectivos deseños.

Parabéns a todas!

          Animamos a todo o alumnado a seguir coñecendo a obra de Ramiro Fonte para poder participar con novas propostas o ano que vén. Este ano aínda non se fará definitiva a escolla da imaxe para o ex libris. Quedará este “en carteira” á espera da próxima convocatoria.

          Así que… a seguir cavilando en propostas para o

     Ex libris Biblioteca Ramiro Fonte

Álbum: Curso 2018/2019 -> Concurso ex libris