Día Internacional do Teatro 2019

 

Nestes días andamos a celebrar o Día do Teatro, que se festexa o 27 de marzo. Facémolo lendo fragmentos dramáticos na Biblioteca. O alumnado de 2º e 3º da ESO está pasando uns bos momentos, para reflexionar nuns casos e para rir noutros, coa lectura de anacos de obras de teatro ou algunha peciña completa.

A maioría dos grupos que van pasando están lendo un fragmento do guión cinematográfico d´A lingua das bolboretas de Manuel Rivas, e… se cadra hai quen se identifica con algúns dos alumnos representados naquela aula!

Tamén lemos un fragmento dunha obra que convida á reflexión, pois aborda unha cuestión que nos pode tocar ben fondo a calquera: Llega un inspector de John B. Prietsley, na súa tradución castelá.

Logo un breve fragmento, que arrinca máis que sorrisos, d´ O achado do castro de Núñez Singala, obra xa coñecida por algún.

Resulta moi simpática a peza de microteatro titulada Luis, El Sonrisas de José Luis Alonso de Santos.

Habendo tempo, nalgunha ocasión  fíxose a lectura coral do pranto final d´Os vellos non deben de namorarse do noso Castelao ou tamén dalgún monólogo de Segismundo en La vida es sueño de Calderón de la Barca.

Cómpre dicir que cadaquén se mergulla no papel que lle corresponde e resultan unhas lecturas moi interesantes para todo o alumnado participante.

Viva o teatro!

 

Álbum: Curso 2018/2019 -> 27 de marzo: Día do Teatro