Con motivo do Día da Ilustración, instituído na data de nacemento de Castelao -o 30 de xaneiro de 1886- desenvolvemos desde a biblioteca unha actividade que pretende mellorar o coñecemento deste artista polifacético que dá nome ao noso centro entre o alumnado.
Pódese ver nas fotos como traballaban na busca de información sobre a súa persoa e a súa obra.