Actividade de busca de información

 

Na procura dos libros prohibidos 

Nas últimas semanas de decembro e nas primeiras de xaneiro, ata o martes día 15, desenvolvemos na biblioteca varias sesións desta actividade encamiñada a que os alumnos atopen un libro oculto. Desvélase a identidade do seu autor trala resolución dunha serie de pistas para a que cómpre facer unha busca eficiente de información nos ordenadores.

 

Tratando de mesturar diversión e formación,  levamos a cabo esta actividade co alumnado de 2º de ESO, con desigual interese, pero sempre útil para se decataren da importancia da lectura axeitada dos enunciados propostos para a resolución das pistas… igual que cando teñen que resolver preguntas nun exame de calquera materia!!

 

         O resultado, sempre satisfactorio.

 

Parabéns aos que lograron atopar o libro correspondente, e tamén aos que o intentaron ata o final.