Convocadas as Bolsas para estudantes que no vindeiro curso académico 2023/2024 cursen ensinanzas postobrigatorias.
Poderá ser beneficiario das distintas contías o alumnado que non superando unha determinada renda e/ou patrimonio familiar e que cumprindo uns determinados requisitos de aproveitamento académico cursen no ano académico 2023/2024 calquera das seguintes modalidades:
- Bacharelato.
- Formación profesional de grao medio e de grao superior.
- Ciclos Formativos de Grao Básico.
- Ensinanzas artísticas profesionais e superiores.
- Ensinanzas deportivas.
- Estudos relixiosos superiores.
- Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia.
- Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados.
- Ensinanzas universitarias do sistema universitario español cursadas en centros españois.
As solicitudes deberán realizarse online a través da sede electrónica na dirección https://sede.educacion.gob.es ou en https://www.educacionyfp.gob.es, sendo o prazo establecido para a presentación dende o 27 de marzo de 2023 ata o 17 de maio de 2023, ambos inclusive.
Pódese consultar máis información nos seguintes enlaces:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Extracto Resolución convocatoria becas 2023-2024.pdf | 154.77 KB |